Diferencia entre revisiones de «Unidade 3 - Práctica»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 15:25 24 nov 2020
Nesta ocasión imos crear unha aplicación coas seguintes características:
Nome do proxecto
- Nome do proxecto e da activity principal: I3B_<username>
Activity Principal
- Botón: "DATOS/TELÉFONO/BUSCADOR"
- Se se fai Click lanza unha segunda activity na que poder introducir unha cadea de texto e un teléfono (fai que a caixa de texto do teléfono amose o teclado numérico).
- Se se fai longClick lánzase un cadro de diálogo onde o usuario pode escoller lanzar o teléfono marcando por defecto o número introducido no paso anterior e realizando a chamada xa de modo automático ou ben lanzar o buscador de google buscando por defecto o texto introducido no paso anterior.
- Se non introduxo o número de teléfono non se debe continuar e débese sacar un Toast de aviso.
- Se non introduxo unha cadea de búsqueda buscará por defecto a palabra casa.
- Botón: "DATOS"
- Se se fai Click realiza un Toast amosando a cadea e teléfono indicados polo usuario na actividade secundaria.
- Se se xira o dispositivo en apaisado e se volve premer no botón debe amosar o mesmo resultado que en vertical.
- Non se poden usar atributos de clase (é necesario gardar o estado da activity)
- Lembrar os métodos que se executan no ciclo de vida cando se xira o dispositivo.
Activity secundaria
- EditText Cadea: que pida a cadea de texto que se desexa buscar. Ao premer no botón de ENTER debe saltar ao seguinte campo.
- EditText Teléfono:. O teclado que debe aparecer é o numérico.
- Botón: Pechar: realiza o necesario para pasarlle os datos indicados polo usuario á activity chamadora e pecha a activity secundaria.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).