Diferencia entre revisiones de «Sed»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 22:31 20 oct 2020
A ferramenta sed é un editor de texto, así permite modificar grupos de caracteres. Un dos usos máis empregado é a sustitución de caracteres.
Sintaxe
- Unha liña de comando sed ten a seguinte sintaxe:
sed [-n] program [file-list]
sed [-n] -f program-file [file-list]
Argumentos
- O program é un programa sed que se inclúe na liña de comandos.
- Este formato nos permite escribir sinxelos e breves programas sed sen crear un program-file separado.
- O program-file é o nome de ruta dun ficheiro que conteña un programa sed.
- A file-list contén os nomes de ruta dos ficheiros ordinarios que procesa sed. Estes son os ficheiros de entrada. Cando non especificamos un ficheiro, sed toma a súa entrada dende a entrada estándar.
Opcións
- -f program-file fai que sed lea o seu programa dende o ficheiro chamado program-file en vez de dende a liña de comando. Podemos utilizar esta opción en mais dunha ocasión na liña de comando.
- -i [suffix] edita os ficheiros no seu lugar. Sen esta opción sed envía a súa saída á saída estándar. Con esta opción sed rempraza o ficheiro que está procesando coa súa saída. Cando especificamos un sufixo, sed fai unha copia do ficheiro orixinal. Esta copia ten o nome do ficheiro orixinal có sufixo engadido. Debemos incluír un punto no sufixo se queremos que apareza un punto entre o nome do ficheiro orixinal e o sufixo.
- --help resume cómo empregar sed.
- --quiet ou -n -silent : Fai que sed non copie as liñas á saída estándar a excepción das que especificou a instrución Print(p) ou o flag.
Instrucións
- d (delete): A instrución delete fai que sed non escriba as liñas que seleccione e non finalice de procesalas. Despois de executar sed, unha instrución delete le a seguinte liña de entrada e comeza de novo coa primeira instrución do program ou program-file.
- n (next): Se é axeitada, a instrución next escribe a liña seleccionada neste intre, le a seguinte liña de entrada e comeza a procesar a nova liña coa seguinte instrución de program ou program-file.
- a (append): A instrución append adxunta unha ou mais liñas á liña seleccionada neste momento. Se precedemos a instrución append con dúas direccións, adxunta cada liña que estea seleccionada polas direccións; as antigas versións de sed non aceptaban instrucións append con dúas direccións. Se non precedemos unha instrución append cunha dirección, adxúntase a cada liña de entrada.
- i (insert): A instrución insert é idéntica á instrución append a excepción de que coloca o novo texto antes da liña seleccionada.
- c (change): A instrución change é parecida a append e insert a excepción de que cambia as liñas seleccionadas para que conteña o novo texto. Cando especificamos un rango de dirección, change rempraza todo o rango de liñas cunha soa ocurrencia do novo texto.
- s (substitute): Esta instrución en sed ten o seguinte formato:
[address[,address]] s/pattern/replacement-string/[g] [p] [w file]
- · O modelo é unha expresión regular que se delimita por calquera carácter que non sexa un espazo ou unha nova liña, normalmente é unha barra (/). A cadea de remprazo comeza inmediatamente despois do segundo delimitador e debe finalizarse có mesmo delimitador. O delimitador final (o terceiro) é necesario. A cadea de remprazo pode conter un ampersand (&), que sed rempraza có modelo que concorda. A menos que empreguemos o indicador g, a instrución substitute rempraza só a primeira ocurrencia do modelo en cada liña seleccionada.
- · p (print): A instrución print escribe as liñas seleccionadas na salida estándar.
- · w file (write): Esta instrución é parecida á instrución print a excepción de que envía a saída ao ficheiro especificado por file.
- · r file (read): A instrución read lé os contidos do ficheiro especificado e os adxunta á liña seleccionada.
- · q (quit): A instrución quit fai que sed remate inmediatamente.
Estruturas de control
- ! (NOT): Fai que sed aplique a seguinte instrución, situada na mesma liña, a cada unha das liñas non seleccionadas pola sección da dirección da instrución.
- {} (grupo de instrucións): Cando encerramos un grupo de instrucións entre un par de chaves, unha soa dirección (ou unha parella de direccións) selecciona as liñas nas que opera o grupo de instrucións. Emprégase o punto e coma (;) para separar varios comandos que aparecen nunha soa liña.
- : label: Identifica unha localización dentro dun programa sed. A etiqueta é útil como obxectivo para as instrucións disxuntivas b e t.
- b [label]: Transfire o control incondicionalmente a label. Sen label, salta o resto de instrucións na liña actual da entrada e le a seguinte liña da entrada.
- t [label]: Transfire o control a label só se tivo éxito unha instrución substitute dende a liña mais recente de entrada que se leu. Sen label, salta o resto das instrucións da liña actual de entrada e le a seguinte liña de entrada.
O espazo modelo e o espazo contenedor
- A utilidade sed ten dous buffer. Os comandos revisados ata o de agora funcionan có espazo modelo, que inicialmente contén a liña de entrada que leu sed. O espazo contenedor pode conter datos mentres manipulamos datos no espazo modelo; é un buffer temporal. Vexamos os comandos que moven datos entre o espazo modelo e o espazo contenedor.
- · g : Copia os contidos do espazo contenedor ao espacio modelo. Pérdense os contidos orixinais do espazo modelo.
- · G : Adxunta unha nova liña e os contidos do espazo contenedor ao espazo modelo.
- · h : Copia os contidos do espazo modelo ao espazo contenedor. Pérdense os contidos orixinais do espazo contenedor.
- · H : Adxunta unha NEWLINE e os contidos do espazo modelo ao espazo contenedor.
- · x : Intercambia os contidos do espazo modelo e o espazo contenedor.
Utilizando Sed
Modificar un texto por outro
Para modificar un texto por outro podemos empregar o parámetro "s":
$ cat texto.txt
ola e adeus, ola e adeus
ola e adeus, ola e adeus
#
# Cambia a primeira das coincidencias:
$ sed 's/ola/OLA/' texto.txt
OLA e adeus, ola e adeus
OLA e adeus, ola e adeus
#
# Cambiar a segunda das coincidencias:
$ sed 's/ola/OLA/2' texto.txt
ola e adeus, OLA e adeus
ola e adeus, OLA e adeus
#
# Cambiar todas as coincidencias existentes:
$ sed 's/ola/OLA/g' texto.txt
OLA e adeus, OLA e adeus
OLA e adeus, OLA e adeus
#
# Quitar todos os espazos:
$ sed 's/ //g' texto.txt
olaeadeus,olaeadeus
olaeadeus,olaeadeus
#
# Gardar a saída nun arquivo de texto:
$ sed 's/ola/OLA/w salida.txt' texto.txt
OLA e adeus, ola e adeus
OLA e adeus, ola e adeus
$ cat salida.txt
OLA e adeus, ola e adeus
OLA e adeus, ola e adeus
#
# Se NON queremos que o comando mostre a saída por pantalla, só a saída "-n":
$ sed -n 's/ola/OLA/gw salida.txt' texto.txt
$ cat salida.txt
OLA e adeus, OLA e adeus
OLA e adeus, OLA e adeus
Con sed é moi interesante empregar expresións regulares (precisamos empregar o parámetro -E). Para ver o seu funcionamento, podemos facer a seguinte práctica, nela empregamos o contido do arquivo /etc/network/interfaces, configurado cunha ip estática e, buscando as IPs existentes nel, crear un novo arquivo chamado interfaces.mod coas IPs cambiadas por i.i.i.i. Recorda que a RegExp dunha IP pode ser algo como: ([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}
# Gardamos unha copia de /etc/network/interfaces
$ cp /etc/network/interfaces /home/usuario/interfaces
# Buscamos as liñas que teñen unha IP,
# empregamos 'p' para que mostre a saída e 'n' para que non repita a entrada.
$ sed -En '/([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}/p' interfaces
# Creamos o arquivo interfaces.mod
$ sed -E 's/([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}/i.i.i.i/g' interfaces > interfaces.mod
# Ver a diferencia do contido de interfaces.mod creado do seguinte xeito
$ sed -En 's/([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}/i.i.i.i/gw interfaces.mod' interfaces
# Neste último só aparecen as liñas modificadas...
- Caracteres especiais
- Hai caracteres que poden darnos problemas, vexamos un exemplo:
# Podemos empregar o carácter "\":
$ sed 's/\/bin\/sh/\/bin\/csh/' /etc/passwd
#
# O comando sed admite outro carácter distinto como delimitador:
$ sed 's!/bin/sh!/bin/csh!' /etc/passwd
Concatenar varias sentenzas
Para concatenar varias sentenzas en sed utilízase a opción "-e":
$ cat texto.txt
ola e adeus, ola e adeus
ola e adeus, ola e adeus
$ cat texto.txt | sed -e "s/ola/OLA/g" -e "s/ //g"
OLAeadeus,OLAeadeus
OLAeadeus,OLAeadeus
Filtrar liñas
Facer cambios nunha liña escollida pola súa posición no documento de texto:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Modificar a Liña 2:
$ sed '2s/ola/OLA/' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Modificar as Liñas 2 e 3:
sed '2,3s/ola/OLA/' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 3: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Modificar todas as Liñas dende a 2 ata o final:
$ sed '2,$s/ola/OLA/' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 3: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 4: OLA e adeus, ola e adeus
- Facer cambios nunha liña escollida por unha coincidencia no seu contido:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Modificamos a "Liña 3":
$ sed '/Liña 3/s/ola/OLA/' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
- -> Recordade que se poden empregar as expresións regulares có parámetro -E.
- Só visualizar liñas, sen facer cambios:
- -Visualizar todas as liñas do comando ip a show enp0s3 que conteñen a palabra inet.
$ ip a show enp0s3 | sed '/inet/p'
2: enp0s3: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc pfifo_fast state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:45:33:71 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
- -Se engadimos a opción -n sed só visualiza as liñas seleccionadas:
$ ip a show enp0s3 | sed -n '/inet/p'
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
- -Tamén podemos empregar Expresións Regulares engadindo o parámetro -E:
$ ip a show enp0s3 | sed -En '/\binet\b/p'
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
Visualizar só as primeiras liñas
Visualizar as 3 primeiras liñas
$ ip a show enp0s3 | sed '3 q'
2: enp0s3: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc pfifo_fast state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:45:33:71 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
Visualizar as últimas liñas
# Ver só a última liña
$ ip a show enp0s3 | sed -n '$p'
valid_lft forever preferred_lft forever
#
# Mostrar dende a liña 3 ata o final:
$ ip a show enp0s3 | sed -n '3,$p'
inet 192.168.1.110/24 brd 192.168.1.255 scope global enp0s3
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
Máis omplicado de facer é mostrar un número determinado de liñas do final (emulación do comando tail), vexamos como:
- Visualizar só as 3 últimas liñas dun documento:
$ ip a show enp0s3 | sed '$q; :loop; N; 4,$D; b loop'
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
- Explicación:
- ; - Para combinar varios comandos sed nunha liña.
- :loop - Creamos a etiqueta "loop" para poder saltar a ela en calquera momento con "b loop". Créase así unha iteración (Explicación da creación de etiquetas en sed).
- $q - Na última liña deixa de executar o comando (q é o quit command) e imprime o pattern space.
- N - Salto á seguinte liña.
- 4,$D - Selecciónanse sempre 4 liñas do documento borrando a primeira delas e deixando así as 3 últimas das seleccionadas.
- Como esta iteración faise dende o principio do documento ata o final, conséguese seleccionar só as 3 últimas liñas...
- Visualizar só as 2 últimas liñas dun documento:
- Explicación:
$ ip a show enp0s3 | sed '$!N;$!D'
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/64 scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
Executar máis dun comando nunha liña individual
Para executar máis dun comando nunha liña individual podemos empregar "chaves". Vexamos un exemplo:
$ ip a show enp0s3 | sed -E '{
s/([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}/iii.iii.iii.iii/g
s/\/[0-9]{1,2}/\/mm/g
}'
2: enp0s3: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc pfifo_fast state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:45:33:71 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
inet iii.iii.iii.iii/mm brd iii.iii.iii.iii scope global enp0s3
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/mm scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
Borrar liñas
O comando delete, d, permítenos borrar as liñas seleccionadas. Vexamos uns exemplos que ilustran o seu funcionamento:
# Arquivo de traballo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Borrar todo o arquivo:
$ sed 'd' texto.txt
#
# Borrar a terceira liña:
$ sed '3 d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Borrar as liñas 2 e 3:
$ sed '2,3 d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Borrar as liñas dende a 3 ata o final:
$ sed '3,$ d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
#
# Borrar a liña que ten o texto "Liña 2":
$ sed '/Liña 2/d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# Si es una expresión regular recuerda añadir el parámetro '-E'
- Tamén se pode borrar un rango de liñas empregando dous texto de busca, pero hai que ter coidado con isto. O primeiro texto de busca especifica o "inicio" do borrado das liñas, e o segundo texto de busca especifica o "fin" do borrado de liñas. O editor sed borra as liñas existentes entre as dúas seleccionadas:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '/2/,/3/d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
#
# O problema está se volve a existir unha coincidencia do "inicio do borrado das liñas":
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12: ola e adeus, ola e adeus
...
$ sed '/2/,/3/d' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Insertar e engadir texto
O editor sed permite insertar e engadir liñas de texto. Vexamos exemplos para ver as diferencias entre eles:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
# Nova liña antes dunha seleccionada:
$ sed '7i\Liña 11: Nova liña\' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 11: Nova liña
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Nova liña despois dunha seleccionada:
$ sed '5a\Liña 6: Nova liña\' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Liña 6: Nova liña
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Nova liña ao final:
$ sed '$a\Última liña\' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
Última liña
#
# Nova liña ao principio do documento:
$ sed '1i\Primeira liña\' texto.txt
Primeira liña
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
Cambiar o contido dunha liña
- Para cambiar o contido dunha liña hai que especificar separadamente a liña na que hai que traballar.
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Pódese especificar unha liña có número que ocupa:
$ sed '3c\Esta é a liña cambiada...' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Esta é a liña cambiada...
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Pódese tamén especificar unha liña por coincidencia dun texto:
$ sed '/Liña 3/c\Esta é a liña cambiada...' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Esta é a liña cambiada...
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Pódese intentar facer o cambio de varias liñas, pero o resultado non será o esperado:
$ sed '2,4c\Esta é a liña cambiada...' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Esta é a liña cambiada...
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
O comando "transformar"
O comando "transformar" (y) é o único comando sed que opera con caracteres simples. Vexamos un exemplo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
$ sed 'y/123/789/' texto.txt
Liña 7: ola e adeus, ola e adeus
Liña 8: ola e adeus, ola e adeus
Liña 9: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Liña 78 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
Comandos para imprimir
Existen tres comandos: p, = e l.
# Comando p:
$ sed 'p' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
...
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...
...
#
# Comando = :
$ sed '=' texto.txt
1
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
2
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
3
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
4
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
5
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
6
...
7
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
8
...
#
# Comando l :
$ sed 'l' texto.txt
Li\303\261a 1: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Li\303\261a 2: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Li\303\261a 3: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Li\303\261a 4: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Li\303\261a 5: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...$
...
Li\303\261a 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus$
Liña 12 outra vez: ola e adeus, ola e adeus
...$
...
Usando arquivos
- Escribindo nun arquivo có comando w :
Vexamos uns exemplos:
# Texto có que imos traballar:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
#
# Seleccionamos só as dúas primeiras liñas do arquivo anterior
# a saída a gardamos no arquivo "test"
# o parámetro "-n" nos garantiza que o comando non devolve echo:
$ sed -n '1,2 w test' texto.txt
$ cat test
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
#
# Tamén podemos seleccionar filas empregando unha coincidencia con ou sen RegExp:
$ sed -En '/^Liña 3/w test' texto.txt
$ cat test
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
- Lendo dun arquivo có comando r :
A idea deste comando é engadir datos dun arquivo á saída dunha sentenza sed:
# Arquivo de traballo "texto.txt":
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
#
# Arquivo "novo.txt" que imos engadir ao outro:
$ cat novo.txt
Esta é unha liña nova
Esta é unha segunda liña nova
#
# Engadiremos o contido de "novo.txt" despois da Terceira Liña do arquivo "texto.txt":
$ sed '3r novo.txt' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Esta é unha liña nova
Esta é unha segunda liña nova
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
#
# Insertamos agora o contido de "novo.txt" despois da coincidencia "Liña 2":
$ sed '/Liña 2/r novo.txt' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Esta é unha liña nova
Esta é unha segunda liña nova
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
#
# Engadir texto ao final dun arquivo faise có símbolo "$":
$ sed '$r novo.txt' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Esta é unha liña nova
Esta é unha segunda liña nova
- O comando de lectura "r" é realmente interesante cando se combina có comando de borrado "d":
$ sed '/Liña 2/{
r novo.txt
d
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Esta é unha liña nova
Esta é unha segunda liña nova
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Emprego de program-file
Cando precisamos dar a sed instrucións mais complexas ou mais longas, podemos empregar un program-file. A opción -f dille a sed que debería ler o seu programa dende o ficheiro chamado na liña de comando.
$ cat comandos.sed
s/([0-9]{1,3}\.){3}[0-9]{1,3}/i.i.i.i/g
s/\/[0-9]{1,2}/\/mm/g
####
####
$ ip a show enp0s3 | sed -E -f comandos.sed
2: enp0s3: <BROADCAST,MULTICAST,UP,LOWER_UP> mtu 1500 qdisc pfifo_fast state UP group default qlen 1000
link/ether 08:00:27:45:33:71 brd ff:ff:ff:ff:ff:ff
inet i.i.i.i/mm brd i.i.i.i scope global enp0s3
valid_lft forever preferred_lft forever
inet6 fe80::a00:27ff:fe45:3371/mm scope link
valid_lft forever preferred_lft forever
Comandos multiliña
- Cós comandos vistos ata o de agora con sed vemos este traballa separando o arquivo "por liñas".
- Hai situacións que requiren traballar en máis dunha liña (por exemplo se queremos substituir unha frase completa nun arquivo).
- O editor sed posúe tres comandos especiais que permiten procesar textos multiliña:
- - N: Engade a seguinte liña da escollida como parte da liña na que estamos a traballar.
- - D: Borra unha liña simple nun grupo de liñas.
- - P: Imprime unha liña simple nun grupo de liñas.
- Vexamos o funcionamento destes comandos.
Os comandos next
Temos dous comandos next distintos:
- O comando next dunha liña.
- O comando n dille a sed que pase á seguinte liña sen volver ao principio dos comandos.
- Vexamos un exemplo onde "se elimina a liña seguinte da Liña 2":
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '/Liña 2/{
n
d
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
- O comando next multiliña.
- O comando N dille a sed que agregue a seguinte liña ao texto seleccionado có que se vai traballar.
- Vexamos un exemplo onde "se eliminan dúas liñas, a Liña 2 seleccionada e a seguinte a ésta'":
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '/Liña 2/ {
> N
> d
> }' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
- Outro exemplo de utilización do comando next multiliña:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '=' texto.txt
1
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
2
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
3
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
4
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
5
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '=' texto.txt | sed 'N; s/\n/ /'
1 Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
2 Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
3 Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
4 Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
5 Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Comando de borrado multiliña
- Como pudimos comprobar no apartado anterior, o comando d nos permite borrar unha liña do arquivo có que estamos a traballar.
- O editor sed tamén nos ofrece o comando de borrado multiliña D que só borrará a primeira liña dun conxunto de liñas seleccionadas. Vexamos un exemplo onde se diferencia como traballan os comandos d e D:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Borramos unha liña en branco e a seguinte liña se despois ten o texto "Liña 2":
$ sed '/^$/ {
N
/Liña 2/d
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Borramos a liña que ten o texto "Liña 2" se a anterior está en branco:
$ sed '/^$/ {
N
/Liña 2/D
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
Comando de impresión multiliña
- Seguindo a mesma filosofía dos dous comandos "multiliña" vistos, o comando P imprimirá só a primeira liña dun conxunto de liñas seleccionadas.
- Como ocorría có comando p, irá acompañado da opción -n para que sed non devolva a saída normal do comando.
- Vexamos uns exemplos:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Comando que imprime todas as liñas do texto que ten no seu interior a palabra "Liña" e a seguinte a esta liña
# por iso sae tamén a última liña:
$ sed -n '/Liña/ {
N
p
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Comando que se queda só coa primeira das liñas seleccionadas de cada unha...
# Así conseguimos seleccionar "unha liña si e outra non":
$ sed -n '/Liña/ {
N
P
}' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
O "Hold space"
- Ata o de agora coñecíamos o pattern space que é un buffer empregado por sed para gardar o texto seleccionado mentres procesa sobre el os comandos que nos interesan.
- Tamén existe en sed outro buffer chamado hold space, que podemos empregar para gardar liñas de texto mentres traballamos con outras liñas.
- Temos cinco comandos asociados ao hold space:
Comando | Descrición |
---|---|
h | Copia pattern space a hold space |
H | Engade pattern space a hold space |
g | Copia hold space a pattern space |
G | Engade hold space a pattern space |
x | Intercambia os contidos de hold space e pattern space |
- Vexamos un exemplo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
$ sed -n '/Liña 2/{
h
p
n
p
g
p
}' texto.txt
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
- Primeiro seleccionamos a liña que contén o texto "Liña 2".
- Cando unha liña contén "Liña 2", o comando h coloca esa liña no hold space.
- O comando p imprime o contido do pattern space.
- O comando n recupera a seguinte liña no stream de datos e coloca esta liña no pattern space.
- O comando p imprime o contido do pattern space, que é a liña que se atopa despois da que ten o texto "Liña 2".
- O comando g coloca o contido do hold space (a liña que contén o texto "Liña 2") no pattern space, remprazando o texto existente nel.
- O comando p imprime o contido do pattern space, que volve a ser a liña que contén o texto "Liña 2".
- Tendo esta explicación en conta, podemos cambiar a sentenza anterior para que poña as liñas 2 e 3 en orde inverso:
$ sed -n '/Liña 2/{
h
n
p
g
p
}' texto.txt
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Negando un comando
- O comando ! emprégase para negar un comando. Isto significa que en situacións onde o comando estaría normalmente activado, pois agora xa non.
- O mellor é ver un exemplo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
#
# Faremos que se devolvan todas as liñas menos a que ten o texto "Liña 2":
$ sed -n '/Liña 2/!p' texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
...
- Así podemos facer unha sentenza para darlle a volta a un texto, que tería que facer o seguinte:
- Colocar a primeira liña no hold space.
- Poñer a seguinte liña de texto no pattern space.
- Agregar o hold space ao pattern space.
- Colocar todo o pattern space no hold space.
- Repetir os pasos do 2 ao 4 ata que xa estén todas as liñas no hold space pero ao revés que no texto base.
- Recuperar as liñas e imprimilas.
- A sentenza que consegue todo isto será a seguinte:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
#
$ sed -n '{
1!G
h
$p
}' texto.txt
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
- n - : Non imprimir a saída.
- 1! : Todas as liñas menos a primeira.
- G : Engadir o hold space ao pattern space.
- h : Remprazar o contido do hold space có contido do pattern space.
- $p : Cando se chega a última liña imprímese o contido do pattern space.
Cambiando o fluxo
- Normalmente, o editor sed procesa os comandos de arriva a abaixo (con excepción ao comando D, que forza ao editor sed a retornar á parte de arriva do script sen ler a seguinte liña do texto).
- O editor sed nos ofrece varios métodos para alterar o fluxo do script, producindo un resultado similar ao da programación estruturada.
Derivación
- O formato do comando "derivación" é o seguinte:
[address]b [label]
- O parámetro address determina que liña ou liñas de datos activan este comando.
- O parámetro label define a "derivación".
- Se o parámetro label non se introduce, a "derivación" estará no final do script.
- Vexamos un exemplo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '{
2,3b
s/ola/OLA/
}' texto.txt
Liña 1: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 5: OLA e adeus, ola e adeus
- Nas Liñas 2 e 3 facemos unha substitución.
- Vexamos outro exemplo onde empregamos label e así facemos unhas substitucións só nas liñas 2 e 3, e outra substitución distinta en todas as liñas do texto:
$ sed '{
2,3b salto
s/ola/OLA/
s/Liña/LIÑA/
:salto
s/adeus/ADEUS/
}' texto.txt
LIÑA 1: OLA e ADEUS, ola e adeus
Liña 2: ola e ADEUS, ola e adeus
Liña 3: ola e ADEUS, ola e adeus
LIÑA 4: OLA e ADEUS, ola e adeus
LIÑA 5: OLA e ADEUS, ola e adeus
Testing
- O comando test (t) é tamén empregado para modificar o fluxo do script de sed.
- O formato do comando test é o seguinte:
[address]t [label]
- O comando t ofrécenos o xeito de implementar a declaración if-then nos scripts sed.
- Vexamos un exemplo:
$ cat texto.txt
Liña 1: ola e adeus, ola e adeus
Liña 2: ola e adeus, ola e adeus
Liña 3: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: ola e adeus, ola e adeus
Liña 5: ola e adeus, ola e adeus
$ sed '{
s/Liña 3/Liña Nova/
t
s/ola/OLA/
}' texto.txt
Liña 1: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 2: OLA e adeus, ola e adeus
Liña Nova: ola e adeus, ola e adeus
Liña 4: OLA e adeus, ola e adeus
Liña 5: OLA e adeus, ola e adeus
- Se a primeira substitución non se da, executarase a segunda. Pero se a primeira substitución se executa, xa non se fará a segunda.
Exemplos
# A primeira coincidencia (palabra neste caso) dunha liña:
$ sed 's/\([A-Za-z]*\).*/\1/' texto.txt
#
# A segunda coincidencia dunha liña (neste caso, o resto logo da primeira palabra):
$ sed 's/\([A-Za-z]*\)\(.*\)/\2/' texto.txt
#
# Cambiar de orde dúas palabras:
$ echo "ola adeus" | sed 's/\([a-z]*\) \([a-z]*\)/\2 \1/'
adeus ola
#
# Eliminar unha palabra repetida:
$ echo "ola ola" | sed 's/\([a-z]*\) \1/\1/'
ola
#
# Poñer parénteses ao redor da primeira palabra
#### A expresión regular "[^ ]" significa calquera carácter menos o espazo:
$ sed 's/[^ ]*/(&)/' texto.txt
(Liña) 1: ola e adeus, ola e adeus
#
# Poñer parénteses ao redor de "todas" as palabras:
$ sed 's/[^. ]*/(&)/g' texto.txt
(Liña) (1:) (ola) (e) (adeus,) (ola) (e) (adeus)
#
# Cambiar a segunda letra "a" de cada liña por "A" e gardar a saída no arquivo "file":
$ sed -n 's/a/A/2pw file' texto.txt
Liña 1: olA e adeus, ola e adeus
#
# Se queremos traballar con sed nun script shell e empregar argumentos...
# O seguinte script emula o funcionamento de grep:
#!/bin/bash
sed -n 's/'"$1"'/&/p'
#### As dobres comiñas empréganse por se o argumento ten espazos...
#
#...
Exemplo de cambio da configuración IP
---- Este exemplo NON está totalmente rematado ----
- Facemos un arquivo chamado interfaces.base có seguinte contido:
# This file describes the network interfaces available on your system
# and how to activate them. For more information, see interfaces(5).
source /etc/network/interfaces.d/*
# The loopback network interface
auto lo
iface lo inet loopback
# The primary network interface
#auto enp0s3
#iface enp0s3 inet dhcp
#iface enp0s3 inet static
#address ip
#netmask ms
#gateway pe
- E tamén creamos o arquivo cambiaIP.sh que será o script bash que modifique a configuración de rede:
#!/bin/bash
archivobase="./interfaces.base"
archivosalida="./interfaces"
ip="192.168.0.200"
ms="255.255.255.0"
pe="192.168.0.1"
#Facemos un arquivo de comandos sed
echo " /auto enp0s3/s/#/ / " > sedfile
echo " /static/s/#/ / " >> sedfile
echo " /address/s/#/ /" >> sedfile
tmp=" s/ip/$ip/ "
echo "$tmp" >> sedfile
echo " /netmask/s/#/ /" >> sedfile
tmp=" s/ms/$ms/ "
echo "$tmp" >> sedfile
echo " /gateway/s/#/ /" >> sedfile
tmp=" s/pe/$pe/ "
echo "$tmp" >> sedfile
#Executamos o comando sed lendo o arquivo antes creado
##Vai sobre o arquivo base e a saída crea o interfaces
### que logo copiaremos no directorio correspondente /etc/network/
sed -f sedfile $archivobase > $archivosalida