Diferencia entre revisiones de «O noso primeiro PHP»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:14 10 nov 2019

PHP

O noso primeiro PHP

A vantaxe que ten PHP sobre outras linguaxes de programación que se executan no servidor (como poderían ser os script CGI Perl), é que nos permite intercalar as sentenzas PHP nas páxinas HTML. É un concepto algo complicado de entender se non se viu nunca como funciona unha paxina PHP ou ASP.

Imos ver un exemplo sinxelo para comprendelo mellor. O código PHP está entre as marcas:

  • Apertura de PHP: <?php ou tamén <? aínda que a segunda opción non se aconsella por que teríamos que activar no php.ini a directiva short_open_tag
  • Peche de PHP: ?>

ATENCION: Se a nosa aplicación contén soamente código PHP puro é preferible omitir a etiqueta de peche de PHP ó final do arquivo. Isto impide que se engadan espazos en blanco ou novas liñas despois do php de PHP evitando efectos non desexados.

ATENCION: GARDAR O ARQUIVO COA EXTENSIÓN .php

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 

<body> 

Parte de HTML normal. 
<br><br> 

<?php 
//Isto é un comentario nunha liña
   echo "Parte de PHP<br>"; 
/*Isto é un comentario
 en varias liñas*/
   for($i=0;$i<10;$i++) 
   { 
      echo "Linea ".$i."<br>"; 
   } 
?> 

</body> 
</html>


O código PHP executado ten dúas partes: a primeira imprime "Parte de PHP" e a segunda é un bucle que se executa 10 veces de 0 a 9. Por cada vez que se executa escríbese unha liña e a variable $i contén o número de liña que se está escribindo.

Non importa se non entendes moi ben o programa deste exemplo, só é para ilustrar como se intercala o código HTML e o código PHP.

Plantilla de exemplo para crear novos arquivos en HTML5

<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
	<meta charset="UTF-8" />
	<title>Título del Documento</title>
</head>
<body>



</body>
</html>