O noso primeiro PHP
O noso primeiro PHP
A vantaxe que ten PHP sobre outras linguaxes de programación que se executan no servidor (como poderían ser os script CGI Perl), é que nos permite intercalar as sentenzas PHP nas páxinas HTML. É un concepto algo complicado de entender se non se viu nunca como funciona unha paxina PHP ou ASP.
Imos ver un exemplo sinxelo para comprendelo mellor. O código PHP está entre as marcas:
- Apertura de PHP: <?php ou tamén <? aínda que a segunda opción non se aconsella por que teríamos que activar no php.ini a directiva short_open_tag
- Peche de PHP: ?>
ATENCION: Se a nosa aplicación contén soamente código PHP puro é preferible omitir a etiqueta de peche de PHP ó final do arquivo. Isto impide que se engadan espazos en blanco ou novas liñas despois do php de PHP evitando efectos non desexados.
ATENCION: GARDAR O ARQUIVO COA EXTENSIÓN .php
<html>
<head>
<title>Exemplo de PHP</title>
</head>
<body>
Parte de HTML normal.
<br><br>
<?php
//Isto é un comentario nunha liña
echo "Parte de PHP<br>";
/*Isto é un comentario
en varias liñas*/
for($i=0;$i<10;$i++)
{
echo "Linea ".$i."<br>";
}
?>
</body>
</html>
O código PHP executado ten dúas partes: a primeira imprime "Parte de PHP" e a segunda é un bucle que se executa 10 veces de 0 a 9. Por cada vez que se executa escríbese unha liña e a variable $i contén o número de liña que se está escribindo.
Non importa se non entendes moi ben o programa deste exemplo, só é para ilustrar como se intercala o código HTML e o código PHP.
Plantilla de exemplo para crear novos arquivos en HTML5
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8" />
<title>Título del Documento</title>
</head>
<body>
</body>
</html>