Diferencia entre revisiones de «Introdución e características de OwnCloud»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:18 26 nov 2017

Logo de ownCloud
By ownCloud (http://gitorious.org/owncloud/owncloud/), via Wikimedia Commons
  • OwnCloud é unha aplicación web libre que ten como obxectivo poder implantar un almacenamento e aplicacións na nube utilizando servidores propios.
  • Pretende proporcionar unha alternativa libre a servizos privativos como Dropbox ou Google Drive.
  • A aplicación precisa para a súa execución un servidor web (normalmente Apache), con soporte para PHP (linguaxe na que está escrita a aplicación), e un xestor de base de datos SQLite, MariaDB, MySQL ou PostgreSQL.
  • Para a distribución dos ficheiros a través da web, utiliza o protocolo WebDAV.
  • Entre as súas funcionalidade podemos destacar:
    • Sincronización de ficheiros cos equipos cliente (ofrece diversas aplicacións para distintos sistemas operativos cliente).
    • Compartición de ficheiros entre os usuarios de ownCloud.
    • Reprodutor de música en liña.
    • Calendario, xestión de contactos e marcadores.
    • Editor de texto en liña e visor de documentos PDF e ODF.
    • Galería de imaxes.
  • Tamén permite a conexión de sistemas de almacenamento externos, que poden ser contas de Dropbox ou Google Drive, conexións FTP, WebDAV, CIFS, etc.
  • Por último, unha funcionalidade moi importante para nós será a posibilidade de autenticar os usuarios sobre un servidor LDAP ou un Directorio Activo de Windows (ou un servidor Samba4).
  • A seguinte imaxe mostra a uso de ownCloud dende un navegador web:


Vista do uso de ownCloud (extraída da Wikipedia)



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez