Diferencia entre revisiones de «Fontes de alimentación ATX»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 16:40 5 nov 2017

As fontes de alimentación ATX son as que se empregan hoxe en día para os equipos. Estas fontes foron evolucionando. En xeral se lles foron engadindo, nun caso, e cambiando, noutro, os tipos de conectores que teñen.

En primeiro lugar vemos á dereita a imaxe dunha fonte de alimentación ATX que ten as seguintes características:
  • Conector á placa base de 20 pines (as mais modernas teñen 4 pines mais para dar unha alimentación extra aos slots PCI_Express).
  • Outro conector á placa base de 4 pines chamado ATX12V engadido para alimentar a tarxeta gráfica conectada ao equipo (nos últimos anos este conector pasou a ser de 4+4 pines, estes novos 4 pines permiten dar máis potencia ao microprocesador; está pensado, sobre todo, para permitir o overclocking).

Nota: É totalmente imprescindible ter enchufados os conectores ATX 20 pines e o ATX12V 4 pines á placa para que o equipo arranque.

  • Ten, como non, un conector IEC-14 para enchufar á rede de corrente eléctrica pero non ten o correspondente para o monitor (isto é moi habitual nas fontes ATX).
  • Debaixo do conector á rede ten un interruptor para "cortar" ou "abrir" o paso da corrente ao interior da fonte de alimentación. Este interruptor emprégase para apagar o equipo cando non responde de ningunha outra forma, sen necesidade de desenchufalo da rede eléctrica ou, simplemente, para facer algún tipo de reparación no interior do PC (aínda que neste último caso é recomendable desenchufalo por seguridade). Que este interruptor deixe de funcionar é unha típica avaría das fontes de alimentación (é sinxelo de cambiar e, ademais, moi barato).
  • A fonte da imaxe ten dous conectores para disqueteras (floppy).
  • Tamén ten 4 conectores para outro tipo de dispositivos, normalmente Discos Duros, lectoras e gravadoras de DVD/CD... Cando temos máis dispositivos a conectar que conectores de alimentación, podemos empregar un ladrón existente para tal efecto:
Molexx2ides.jpg
Fonteatx20pines.jpg
A segunda imaxe que temos é a dos conectores doutra fonte de alimentación ATX, podemos observar os seguintes cambios:
  • O primeiro que vemos é que o conector de 20 pines que vai á placa ten agora 24 pines. Eses 4 pines novos se lle engaden para darlle mais potencia ás rañuras PCI-Express.
  • O conector ATX-12V segue existindo nestas placas e segue sendo totalmente obrigatorio conectalo.

Nota: Saber que as placas con conectores ATX-24 tamén acenden con fontes de alimentación con ATX-20. Pero é moi recomendable ter no equipo unha fonte có ATX-24 se lle vas a conectar unha tarxeta gráfica PCI-Express.

  • Ten, como todas as fontes, os conectores para dispositivos de 4 pines, tanto os grandes, empregados para discos duros,... como os pequenos para disqueteras.
  • Nese conxunto de conectores tamén se ve o conector especial para discos duros SATA.

Nota: Se temos que alimentar un disco duro SATA cunha fonte que non teña este conector especial, podemos optar por empregar o adaptador que vemos na seguinte imaxe (saber que moitos discos duros SATA veñen có conector de 4pines para dispositivos IDE que antes vimos):

Molexsata.jpg
Conectoresfonteatx24pines.jpg
ATX-12v-8pin-Conector.jpg

A seguinte modificación nas fontes de alimentación ATX é o paso do conector ATX12V de 4 a 8 pines, estes novos 4 pines aparecen para dar mais potencia ao microprocesador e así permitir que micros con mais consumo, ou cós que se estea facendo Overclocking, non teñan problemas de funcionamento.


Así, unha fonte de alimentación ATX moderna e de boa calidade terá os conectores que vemos na seguinte táboa:

Nome Imaxe Función dos pines
ATX 24 pines (20+4)
24pin.jpg
24pinpinout.GIF
ATX-12V 4 pines

(As actuais 4+4 para Overclocking)

4pin12v.jpg
4pin12vpinout.JPG
Para periféricos, de 4 pines
4pinperiferico.jpg
Hdpinout.JPG
Para disqueteras, de 4 pines
4pinfloppy.jpg
Floppypinout.JPG
Para SATA
Sata.jpg
Serialatapinout.JPG
Para PCI-Express
6pinpciexpress.jpg
Leva alimentación de +12V, +5V, +3,3V e Terra.

Este conector vai á tarxeta gráfica directamente.

Información da velocidade do ventilador
3pinfanmonitor.jpg


-- Volver