Diferencia entre revisiones de «Engadir un equipo Windows cliente ao dominio Samba»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 21:26 19 oct 2017

Introdución

  • Neste apartado imos engadir un equipo Windows ao dominio.
  • A imaxe amosa o escenario que se pretende montar, pero por agora aínda non están compartidos os recursos por SAMBA no servidor:

00 Dominios Linux Escenarios parte 03 A.jpg

Instalación wclient01

  • Imos crear unha MV con Windows 10 64 bits (aínda que o proceso é case idéntico con Windows 8, 7 ou mesmo XP): wbase
  • Exportaremos o servizo de wbase
  • Importaremos a MV como wclient01, coa configuración IP por DHCP básica e obterá esa configuración do servizo DHCP de dserver00.


  • Póñense a continuación algúns dos pasos da instalación de wclient01

Engadir un equipo cliente no dominio

  • Para engadir un equipo cliente (con Windows) no dominio samba seguiremos os mesmos pasos que debemos seguir para engadir o equipo a un dominio Windows:
    • Iniciamos sesión no equipo cliente con un usuario administrador.
    • Accedemos á ventá de Sistema do Panel de control (Tamén podemos picar co botón dereito sobre Mi PC ou Equipo e seleccionar Propiedades).
    • Picamos na opción para cambiar o dominio ao que pertence o equipo e poñemos o nome do noso dominio
      • Ollo, o nome de NetBIOS, o mesmo que puxemos no parámetro WORKGROUP no ficheiro de configuración do servidor samba, sen ter en conta as maiúsculas e minúsculas.
    • Pedirásenos un usuario e un contrasinal, e introduciremos root e o contrasinal samba do usuario root.


  • Podemos comprobar que no servidor LDAP creouse automaticamente a conta de máquina para o equipo (ollo que remata en $):
smbldap-usershow wclient01$
dn: uid=wclient01$,ou=maquinas,dc=iescalquera,dc=local
objectClass: top,account,posixAccount,sambaSamAccount
cn: wclient01$
uid: wclient01$
uidNumber: 1000
gidNumber: 515
homeDirectory: /nonexistent
loginShell: /bin/false
description: Computer
gecos: Computer
sambaSID: S-1-5-21-3472892566-1518861306-3316237868-1001
displayName: WCLIENT01$
sambaNTPassword: A821BEFD0B11C86A3F1BF170D9902C00
sambaPwdLastSet: 1400018447
sambaAcctFlags: [W          ]


Dl 2014 parte3 lam 34.jpeg

Iniciar sesión no equipo cliente con un usuario do dominio

Unha vez introducido o equipo no dominio, poderemos iniciar sesión con calquera usuario que teña conta de samba:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez