Diferencia entre revisiones de «Integrar equipos Windows no dominio Samba4»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 01:43 17 oct 2017
Neste apartado imos ver os pasos para integrar un equipo Windows dentro dun dominio Samba4. Móstrase a configuración con un equipo cliente Windows 8, pero sería similar noutras versións de Windows.
Sincronizar a hora do sistema por NTP
Como xa fixemos no controlador do dominio, configuraremos o equipo para sincronice a hora de forma automática por NTP, xa que o mecanismo de autenticación de Kerberos só funcionará se as horas dos equipos cliente e servidor están sincronizadas.
- Sincronizar a hora por NTP
Configurar o servidor de DNS
- Para poder introducir o cliente no dominio, é imprescindible que teña configurado como servidor de DNS o servidor de DNS do dominio, que no noso caso é o mesmo servidor de dominio.
- O equipo cliente Windows xa debería tomar esta configuración por DHCP, pero amósase a continuación como facer a configuración de forma manual se fose necesario.
- Accederemos ao Panel de control -> Redes e Internet -> Centro de Redes e recursos compartidos -> Cambiar configuración del adaptador:
- Configurar o servidor DNS
Introducir o equipo no dominio
Imos xa a introducir o equipo no dominio:
- Introducir equipo no dominio
Teremos que introducir as credenciais dun usuario do dominio con privilexios de administración. Polo momento introduciremos as do único usuario que temos, administrator. Cando definamos usuarios máis adiante, basta con introducir a calquera usuario dentro do grupo Domain Admins para que tamén poida introducir e quitar equipos do dominio.
Iniciar sesión no equipo con un usuario do dominio
Só nos queda comprobar como podemos iniciar sesión con un usuario do dominio:
- Iniciar sesión no dominio