Diferencia entre revisiones de «Dalvik Debug Monitor Server: (DDMS) - Logcat»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 20:26 26 sep 2017
Introdución
- Dalvik Debug Monitor Server (DDMS) é unha utilidade de debug que permite visualizar o consumo de CPU, de Memoria, de rede. Tamén permite, por exemplo, enviar unha chamada ou SMS a un AVD ou coordenadas GPS para que sexan recollidas nunha aplicación.
- Uśase tamén para facer debug das aplicacións como se verá na Unidade 2.
- Para o seu funcionamento precisa da utilidade ADB, e moitas das cousas realizadas con esta utilidade pódense realizar dende o DDMS.
- Co cal cando se inicia Eclipse, o DDMS inicia o servidor adb.
- No seguinte enlace pódese obter máis información: http://developer.android.com/tools/debugging/ddms.html
- IMPORTANTE: Se se está a usar a versión de Android Studio a utilidade chámase "Android Device Monitor".
- É preciso ter instalado Java
- No caso de Linux Java 8 ou superior.
- É preciso ter instalado Java
Xestión de ficheiros
- Ao igual que co ADB vanse poder manipular ficheiros do dispositivo pero dun modo gráfico.
- Importante: Se se está a usar Android Studio:
- Abrir un proxecto.
- Ir ao menú de: Tools-->Android-->Android Device Monitor
Parámetros dun proceso
- Isto serve para comprobar os recursos que consume unha aplicación ou proceso.
- A continuación vaise lanzar o navegador web no dispositivo e vaise monitorizar.
NOTA: Nas imaxes INTEL vai dai un erro á hora de capturar o tráfico. En caso de querer probar esta funcionalidade baixar unha imaxe ARM dende o Android SDK Manager e crear un novo dispositivo virtual.
Parámetros do dispositivo
- Podemos comprobar o uso de recursos que fan os procesos no dispositivo.
Enviar datos ao dispositivo
- Para poder probar as aplicacións nos AVDs ás veces é preciso que estas reciban datos do exterior: unha chamada, un sms, coordenadas gps, etc.
DDMS sen Eclipse
- Tamén se pode iniciar o utilidade DDMS sen facer uso de Eclipse.
- A utilidade DDMS está no cartafol tools.
- Importante: Nas novas versións do SDK para lanzar o monitor este chámase: monitor
Logcat
- O sistema de log de Android proporciona un mecanismo polo cal vai recollendo toda a información de saída do dispositivo.
- Esa información pódese capturar e ver con Logcat e tamén se pode filtrar polo tipo de mensaxe.
- Na UNIDADE 2 do curso usaremos esta utilidade para controlar unha aplicación.
- Para máis información: http://developer.android.com/tools/help/logcat.html
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2017).