Diferencia entre revisiones de «Test Linpack»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 11:30 6 sep 2017
O Test de Linpack, desenrolado por Jack J. Dongarra do Argonne National Laboratory (ANL) dos Estados Unidos, converteuse, nos últimos anos, na proba de referencia para medir a eficiencia de sistemas informáticos adicados, esencialmente, ao cálculo científico e técnico, é dicir, a procesos de tratamento numérico.
É, de todas as probas coñecidas, a que se aplica a un maior número de sistemas, dende superordenadores vectoriais, ata ordenadores persoais ou estacións de traballo, e deles, o ANL presenta táboas que actualiza, a lo menos, trimestralmente.
A proba consiste na resolución dun sistema denso e aleatorio, de 100 ecuacións lineais con 100 incógnitas, utilizando subrutinas FORTRAN dos paquetes Linpack e BLAS. O tempo de execución divídese polo número de operacións (adicións e multiplicacións) en coma flotante (Flops), para dar unha medida da potencia de cálculo do sistema, avaliada en MFLOPS/s.
A importancia e significación deste test, para os sistemas adicados á computación, débese fundamentalmente ás seguintes características:
- Proporciona una métrica MFLOPS/s que, a diferencia de outras como MIPS ou Whetstone, é independente da arquitectura e da configuración do sistema e depende só do proceso numérico a realizar.
- É unha medida "real", obtida a partires dunha proba e non a partires características teóricas do fabricante, como tempos de ciclo, tamaño de memoria cache, etc.
- Ao ser unha proba realizada cun programa FORTRAN, inclúe unha medida da eficiencia do compilador, polo que é unha medida non só da capacidade da Unidade Central, senón de todo o sistema.
- Non é unha proba sintética, senón un programa de utilización masiva en todos os campos da ciencia e da técnica.
Enlaces interesantes:
-- Volver