Diferencia entre revisiones de «Editores de texto»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 01:35 7 ene 2017
Nesta sección explicaranse un par de posibles editores de ficheiros para poder modificar e parametrizar a configuración do sistema en modo consola.
Comandos utilizados
nano / pico: editor sinxelo de texto
vi / vim: editor un chisquiño máis complicado que traballa en distintos modos.
Editor nano/pico
nano é un editor sinxelo de texto, clonado do editor Unix chamado pico.
En GNU/Linux a execución dos comandos pico ou nano abren o mesmo editor.
Nano/pico é un editor semellante ao edit de MS-DOS.
nano
Abre a seguinte aplicación:
Premendo CTRL+X sáese do editor e se hai modificacións pregunta se se desexa gardar e o nome do arquivo.
Se queres afondar sobre o manexo deste editor podes consultar estes enlaces:
O editor vi / vim
O editor vim é o editor vi mellorado (vi iMproved).
As versións actuais de Ubuntu traen por defecto instalado o vim. A execución do comando vi ou vim abre o mesmo editor.
Este editor traballa basicamente en 2 modos:
- Modo comandos: onde as teclas que se preman poden realizar algunha acción no editor. O editor sempre se inicia en modo comando e sempre se poderá volver a ese modo premendo a tecla ESC.
- premendo i: pásase a modo edición.
- :q -> sae do programa se non se fixeron modificacións.
- :q! -> sae do programa descartando as modificacións.
- :wq -> sae do programa gardando as modificacións.
- Modo edición: permite engadir texto ó ficheiro. Para volver ó modo comandos premer ESC e logo introducir o comando desexado.
vi
Abre a seguinte aplicación:
Se na pantalla anterior se preme a letra i pásase ao modo edición. A seguinte imaxe amosa o editor en modo edición.
Para saír é preciso volver ao modo comandos: premer ESC. Para saír sen gardar escribir :q! e premer ENTER.
Se queres afondar sobre o manexo deste editor podes consultar estes enlaces:
vi vs nano
Como agora todos os periódicos teñen enquisas de opinión un día si e outro tamén, pois para estes comandos non podía ser menos: Con cal te quedas?
Curiosidades
Quen dixo que os profesores de universidade eran pouco dados ao humor e a sorna?. Revisade con tranquilidade e gozade do sarcasmo:
O formato doc. Este profesor (Antonio Yañez) ofrece as prácticas en varios formatos, non perderse o que sucede se se escolle, case ao final da páxina, o formato .doc. Boísimo, non deixar de lelo até o final de todo, incluso o final.