Diferencia entre revisiones de «Dispositivos USB»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 15:45 2 oct 2016

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 E.jpg

Introdución

  • Neste punto vaise ver como conectar dispositivos USB reais á MV.
  • Usarase un host Ubuntu. Neste caso hai que facer algo a maiores que non se realiza nun Host MS Windows, como se verá a continuación.
  • O procedemento a realizar nas MV, tanto MS Windows como Ubuntu, é igual sobre calquera dos hosts.

Configuración nun host Linux

O que se realiza a continuación é propio de hosts Linux e non se realiza nos hosts MS Windows.

Instalar o Paquete de Extensións

A continuación instalarase o Paquete de Extensións que habilita o controlador USB para VirtualBox. Isto hai que realizalo en calquera tipo de host.


Agora xa poderemos habilitar o controlador USB 2.0 ou 3.0 na máquina virtual.

Uso de dispositivos USB

Finalmente vaise ver como engadir dispositivos USB a unha MV, de dúas formas.

  • Permanente: de modo que cando se acende a MV xa captura ese dispositivo USB, e cando se conecta ese dispositivo USB é capturado pola MV e non polo host.
  • Temporal: cando se ten a MV acesa e se desexa engadir temporalmente un dispositivo USB.

Unha vez capturado o dispositivo USB pola MV ese é manexado na mesma do mesmo xeito que se faría nunha real.


Engadir un filtro de dispositivo USB

Neste exemplo de dispositivo permanente conectouse un lapis USB ao ordenador real (host).


Próbese a desconectar o lapis USB do ordenador real e a volver a conectalo. Captúrao a MV sen facer nada?.

Engadir un dispositivo temporalmente

Neste exemplo de dispositivo temporal vaise engadir unha impresora HP ao ordenador real (host). A MV uclient segue acesa.


Próbese a desconectar a impresora do ordenador real e a volver a conectalo. A que a MV non a captura automaticamente?. Ollo, a impresora segue instalada na MV pero para ela é como se estivera desconectada até que se volva capturar para a MV.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --