Diferencia entre revisiones de «Características de VirtualBox»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 12:32 2 oct 2016

Virtualbox.png


Introdución

  • Existen moitos programas de virtualización (MMV, hipervisor ou plataformas de virtualización) de tipo II pero dende hai uns anos para aquí cobrou moita importancia grazas a súa facilidade de uso, a ser multiplataforma e sobre todo ao ser software libre e gratuíto o hipervisor VirtualBox.
  • Inicialmente foi desenvolvido pola empresa alemá Innotek GmbH, logo esta empresa foi adquirida por Sun Microsystems e esta no ano 2009 foi adquirida por Oracle Corporation

Características

  • Multiplataforma: o programa pode instalarse sobre MS Windows, GNU/Linux, MAC e Solaris, e as máquinas virtuais xeradas en calquera dos sistemas operativos anteriores poden usarse sen problemas en calquera outro.
  • Multi-convidados: nas máquinas virtuais pódense instalar moitos sistemas operativos convidado (guest), entre eles: MS Windows, Ubuntu, Debian, openSUSE, etc. Nesta lista pódense ver todos os SOs soportados
  • Software libre: Dende a páxina de descargas de VirtualBox pódese descargar o código fonte do programa, baixo a licenza GPL versión 2. A extensión VirtualBox Extension Pack, que engade soporte de dispositivos USB 2.0 e 3.0, escritorio remoto e arranque por rede PXE non é libre, e pode descargarse de forma gratuíta para uso persoal e de avaliación (licenza PUEL).
  • Permite montar imaxes ISO de CDs/DVDs nunha unidade virtual.

Guest Additions

Isto é, "melloras de convidado", son utilidades para introducir melloras no sistema convidado instalado na máquina virtual. Unha vez que se instala o sistema operativo nunha máquina virtual é aconsellable instalarlle estas utilidades que van optimizar o rendemento do sistema convidado e ademais van permitir:

  • Compartir cartafoles entre a máquina anfitrión e a invitada.
  • Mellorar as características gráficas da máquina virtual e incluso redimensionala como se fai con calquera outra aplicación no ordenador host.
  • Sincronización da hora co ordenador host de xeito automático.
  • Compartir o portapapeis: pódese copiar e pegar nos dous sensos (host a convidado e convidado a host).
  • Neste enlace pódese comprobar que sistemas operativos convidados admiten as Guest Additions.

Enlaces de interese



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --