Diferencia entre revisiones de «Sysprep»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 08:45 12 sep 2016
Para que serve o sysprep?
Cando temos moitos equipos con hardware compatible e queremos que todos teñan instalado o mesmo software sobre un sistema operativo Windows, o mais rápido é instalar todos eses programas e facer a configuración desexada nun deles e, logo, realizar una imaxe do sistema empregando un software para tal efecto como Clonezilla ou Norton Ghost.
Unha vez realizada esa imaxe coa mesma ferramenta poderemos restaurar esa imaxe nos demais equipos.
Así conseguiremos aforrar moito tempo, pois a instalación en todos os equipos sería: (Tempo de instalación nun equipo, seguramente varios días de duro traballo) x (Nº de equipos) e, deste xeito empregando o Clonezilla ou o Norton Ghost: (Tempo de instalación nun equipo) + (Tempo de creación da imaxe, seguro que non mais de 30 minutos) + (Tempo de restauración da imaxe por rede, seguro que non mais de 1 hora).
Por outra banda saber que, cando se instala Windows nun equipo xérase un número de identificación único, denominado SID.
Se o sistema se clona sen mais, Windows, normalmente, non funcionará pois aínda que o hardware dos equipos coincida o SID nunca sería igual.
O sysprep, entre outras cousas, emprégase para eliminar o número de identificación SID que Windows xera cando se instala nun equipo. Así, cando se inicia por primeira vez o sistema no equipo clonado, crearase o SID nese novo equipo dando así a impresión de que o sistema foi instalado nel.
O sysprep tamén permite a configuración automática de moitos dos parámetros do sistema.