Sysprep en Windows XP
Onde se pode conseguir o sysprep?
No arquivo Deploy.cab existente no interior do CD de Windows
Como empregar o sysprep?
Hai que configurar o arquivo sysprep.inf para que faga xusto o que nos interese. Hai que meter os arquivos sysprep.exe, setupcl.exe e sysprep.inf nunha carpeta chamada sysprep no directorio raíz do sistema (C:\). Hai que executar o programa sysprep.exe e o equipo xa se apaga automaticamente (Configuración: Instalación mínima + Shutdown).
Como xerar un sysprep.inf axeitado para os nosos desexos?
Para crear un sysprep.inf básico temos a ferramenta setupmgr.exe, pero este arquivo non será moi completo. Para completalo, existe o arquivo unattend.doc onde se explicará parámetro a parámetro a creación dun sysprep.inf axeitado. Apoiados no traballo feito polo profesor Carlos Carrión, preparouse o arquivo sysprep_explicacion.doc onde se explica liña a liña un arquivo xenérico sysprep.inf.
Resumo do plan de traballo
- Débese ter claro qué se quere facer cos equipos a clonar (daranse distintos enunciados que amosarán distintas situacións).
- Collerase o arquivo sysprep_explicación.doc e, léndoo detidamente configurarase para o requirido no enunciado, tendo en conta que un ; diante dunha liña significa que non se terá en conta.
- Copiarase o contido do arquivo sysprep_explicacion.doc xa configurado nun arquivo .txt que chamaremos sysprep.inf.
- Crearase unha carpeta chamada sysprep onde se gardarán os arquivos: sysprep.inf, sysprep.exe y setupcl.exe.
- Debe gardarse a carpeta sysprep na raíz do sistema (C:\) do que se vai facer a imaxe.
- Debe executarse o arquivo sysprep.exe coas opcións: Instalación mínima e Shutdown.
- O equipo apágase e xa está preparado o sistema para ser feita a imaxe.
Exemplo 1 de sysprep.inf. Grupo de traballo.
- Enunciado.
Preparar sysprep.inf para que ó executalo o equipo realice o seguinte:
Facer que o equipo entre no grupo de traballo: AULA
IP do equipo: 10.4.2.<Nº del equipo>
Máscara de subrede: 255.0.0.0
Servidor DNS: 10.0.0.36
Porta de enlace: 10.0.0.1
Nome do dono do equipo: Usuario
Nome da organización: SANCLEMENTE
Resolución gráfica: 800x600, 24 bits e 85 Hz
Zona horaria: Madrid (105)
Que non pida a clave de Windows: VCMW8-9KJ8P-FKRPW-CBDT3-6FPBD
Nome do equipo: EQ-<Nº de equipo>
Contrasinal do administrador: qwe123.
- Solución.
[Unattended] OemSkipEula=Yes OemPnPDriversPath=C:\drivers InstallFilesPath=C:\sysprep\i386 DriverSigninPolicy=Ignore [GuiUnattended] AdminPassword=qwe123. EncryptedAdminPassword=No OEMSkipRegional=1 TimeZone=105 OemSkipWelcome=1 [UserData] ProductID=VCMW8-9KJ8P-FKRPW-CBDT3-6FPBD FullName="USUARIO" OrgName="SANCLEMENTE" ComputerName=EQ-00 [Display] BitsPerPel=24 Xresolution=800 YResolution=600 Vrefresh=85 [SetupMgr] DistFolder=C:\sysprep\i386 DistShare=whistlerdist [Networking] InstallDefaultComponents=No [NetAdapters] Adapter1=params.Adapter1 [params.Adapter1] INFID=* [NetClients] MS_MSClient=params.MS_MSClient [NetServices] MS_SERVER=params.MS_SERVER [NetProtocols] MS_TCPIP=params.MS_TCPIP [params.MS_TCPIP] DNS=Yes UseDomainNameDevolution=No EnableLMHosts=Yes AdapterSections=params.MS_TCPIP.Adapter1 [params.MS_TCPIP.Adapter1] SpecificTo=Adapter1 DHCP=No WINS=No NetBIOSOptions=0 IPAddress=10.4.2.161 SubnetMask=255.0.0.0 DNSServerSearchOrder=10.0.0.36 DefaultGateway=10.0.0.1 [Identification] JoinWorkgroup="AULA"
Exemplo 2 de sysprep.inf. Dominio.
- Enunciado.
Preparar sysprep.inf para que ó executalo o equipo realice o seguinte:
Contrasinal do administrador local: 321qaz.
Nome do dono do equipo: Pedro
Nome organización: ALPES
Resolución gráfica: 800x600, 24 bits e 85 Hz
Zona horaria: Madrid (105)
Que non pida a clave de Windows: VCMW8-9KJ8P-FKRPW-CBDT3-6FPBD
As seguintes propiedades deben configurarse a man:
Nome de equipo: EQ-<O teu nome>
Dominio: NIEBLA.LOCAL
Usuario con permiso para agregar equipos ó dominio: equipator
Contrasinal de equipator: abc123.
IP do equipo: 10.1.100.<Nº del equipo> Máscara de subrede: 255.0.0.0 Servidor DNS: 10.0.0.36 Porta de enlace: 10.0.0.1
- Solución.
[Unattended] OemSkipEula=Yes OemPnPDriversPath=C:\drivers InstallFilesPath=C:\sysprep\i386 DriverSigninPolicy=Ignore [GuiUnattended] AdminPassword=321qaz. EncryptedAdminPassword=No OEMSkipRegional=1 TimeZone=105 OemSkipWelcome=1 [UserData] ProductID=VCMW8-9KJ8P-FKRPW-CBDT3-6FPBD FullName="Pedro" OrgName="ALPES" ComputerName= [Display] BitsPerPel=24 Xresolution=800 YResolution=600 Vrefresh=85 [SetupMgr] DistFolder=C:\sysprep\i386 DistShare=whistlerdist [Identification] JoinDomain=NIEBLA.LOCAL DomainAdmin=equipator DomainAdminPassword=abc123. [Networking] InstallDefaultComponents=No [NetAdapters] Adapter1=params.Adapter1 [params.Adapter1] INFID=* [NetClients] MS_MSClient=params.MS_MSClient [NetServices] MS_SERVER=params.MS_SERVER [NetProtocols] MS_TCPIP=params.MS_TCPIP [params.MS_TCPIP] DNS=Yes AdapterSections=params.MS_TCPIP.Adapter1 [params.MS_TCPIP.Adapter1] SpecificTo=Adapter1 DHCP=No WINS=No NetBIOSOptions=0 IPAddress = 10.1.100.0 SubnetMask = 255.0.0.0 DNSServerSearchOrder = 10.0.0.36 DefaultGateway = 10.0.0.1