Diferencia entre revisiones de «Control remoto dende equipos Linux»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 07:55 7 abr 2016

Neste apartado imos ver como podemos utilizar o VNC en Ubuntu para controlar remotamente equipos, xa sexan equipos tamén con Ubuntu ou outro Linux ou mesmo equipos Windows que teñan instalado un servidor VNC (como UltraVNC).


Activar a compartición do escritorio en Ubuntu

En Ubuntu xa ven instalado por defecto unha implementación do servidor VNC que permite visualizar ou controlar o equipo de forma remota, aínda que ven desactivado. Imos ver como activalo:

Visualizar escritorios remotos en Ubuntu

Imos ver como podemos visualizar e controlar equipos remotos dende Ubuntu, tantose estes equipos tamén son Linux coma se son Windows, e usando o cliente VNC ou un navegador web.


Visualizar escritorios de equipos Linux

Existen varias aplicacións en Ubuntu para visualizar escritorios remotos. Imos utilizar o Visualizador de escritorios remotos aínda que tamén poderíamos facer uso de Remmina, que é outra aplicación que ven instalada por defecto.

Visualizar escritorios de equipos Windows

A visualización de escritorios de equipos Windows faise da mesma maneira que as dos equipos con Linux:

Configurar o inicio do servidor VNC automaticamente para todos os usuarios

A configuración que utilizamos nos apartados anteriores para o servidor VNC en Ubuntu (activando a compartición de escritorio) ten dous inconvenientes:

  • A configuración só é efectiva para o usuario co que a fixemos (uadmin) pero se inicia sesión outro usuario calquera no equipo tería que activar expresamente a compartición do escritorio tamén para que se poida ver e controlar o escritorio na súa sesión (Isto non pasa co servidor UltraVNC en Windows, xa que se rexistra como un servizo de Windows e se executa automaticamente ao iniciar o equipo). Dependendo do contorno en que nos atopemos, a opción da configuración por usuario pode ser válida, pero se temos moitos usuarios non resulta moi factible pedir que todos activen de forma individual a compartición do escritorio.
  • A aplicación de compartición de escritorio da Ubuntu 14.04 presenta unha incompatibilidade con UltraVNC no mecanismo de autenticación, que provocará un erro se intentamos visualizar o escritorio dende un equipo Windows.

Por iso imos ver outra opción para instalar o servizo VNC en Ubuntu, que si nos permitirá activar a compartición do escritorio para todos os usuarios do sistema á vez que nos permitirá conectarnos sen problema dende un equipo Windows con UltraVNC

É moi importante ter en conta que para que non teñamos conflitos entre distintos servidores VNC é preferible desactivar a compartición de escritorio no equipo en que imos utilizar esta segunda opción (nos pasos que se mostran a continuación úsase agora a máquina que antes só se usou como cliente VNC):

Visualizar escritorios de equipos Linux con UltraVNC

Imos ver para rematar como utilizar o cliente de UltraVNC en Windows para controlar equipos Linux que teñan o servidor VNC instalado e activado:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --