Diferencia entre revisiones de «Configuración dun proxy en Debian»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 20:36 21 mar 2016
- Neste apartado imos ver como configurar sobre unha máquina virtual con Debian o servizo de proxy usando o servidor squid.
- Explicaremos en primeiro lugar os pasos a seguir para instalar o servizo na máquina Debian e configurar as máquinas cliente para que fagan uso del para navegar por Internet, e a continuación como configurar o servidor proxy para permitir ou denegar o acceso en función da máquina que establece a conexión.
No apartado Conceptos básicos de Enrotamento (Routing) e Proxy podes revisar o funcionamento do servizo de proxy e as diferenzas deste co servizo de enrutamento.
Instalación do Proxy Squid en Debian
- Mostraremos a continuación os pasos que podemos seguir para instalar o servizo squid en Debian usando Webmin:
Tras instalar o paquete e refrescar os módulos de Webmin, atoparemos o módulo de xestión do proxy dentro da categoría de Servidores. Dentro do módulo atopamos numerosos apartados de configuración do servizo, xa que se trata dun servizo moi potente con multitude de parámetros posibles dos que só veremos os máis representativos. Comezaremos pola inicialización da caché, que é unha carpeta na que o servidor proxy almacenará a información descargada para usala en futuros accesos reducindo o tráfico de rede.
Trátase do porto no que escoita o servizo, que por defecto é o 3128. Neste caso deixaremos o parámetro como está, pero dependendo dos requisitos da rede podemos precisar cambialo, configurar o servizo para que escoite por máis de un porto ou para que funcione en modo de proxy transparente co obxectivo de evitar ter que facer unha configuración explícita do proxy nos equipos cliente.
Configuración do equipo cliente
- Imos ver como debemos configurar os equipos cliente para que fagan uso do servidor proxy cando naveguen por Internet.
- Tendo en conta que non imos usar o proxy en modo transparente, xa que isto non permitiría conexións HTTPS nin autenticación de usuarios, teremos que configurar o navegador no equipo cliente indicando cal é a dirección IP do proxy e o porto polo que escoita.
Configuración de clientes Windows
- Comezamos mostrando a configuración nun cliente Windows, utilizando como navegador Internet Explorer. Esta configuración tamén valería para Google Chrome, xa que toma os datos do proxy do sistema. En caso de usar Mozilla Firefox, seguiríamos os pasos que se explican para o cliente Linux.
Configuración de clientes Linux
- Veremos agora como configurar o proxy nun cliente Ubuntu usando o navegador Mozilla Firefox:
Control de acceso segundo os equipos cliente
- Remataremos este apartado vendo como podemos configurar o proxy para que permita o acceso a Internet aos equipos que nos interese.
Na primeira pestana de Listas de control de acceso podemos definir diversos criterios que logo poderemos utilizar para aplicar restricións no proxy. Na lista podemos ver unha serie de ACLs que xa veñen configuradas por defecto en squid. Seleccionamos neste caso a opción de Dirección de Cliente e picamos en Crear nova ACL.
E poderemos vela ao final da táboa. A orde das restricións dentro da táboa é moi importante, xa que ao recibir unha petición o proxy comezará dende o comezo da táboa comprobando se esa petición encaixa con cada unha das restricións. Cando a petición encaixe coa restrición, o proxy aplicará esa restrición e xa non mirará nas restricións que haxa por debaixo. Por iso, se deixamos a restrición que creamos no final da lista, nunca se chegará a executar xa que a restrición anterior se aplica a calquera conexión. Picamos sobre a frecha cara arriba para subila dentro da táboa.