Diferencia entre revisiones de «Configuración básica da máquina Debian»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 00:56 1 mar 2016

Neste apartado imos ver os pasos básicos para manexar a máquina Debian que vimos de instalar.

Iniciar sesión no contorno gráfico e de texto

Comezaremos vendo como iniciar sesión na máquina con un usuario, tanto se temos instalado o contorno de escritorio como se non:

Apagar ou reiniciar a máquina virtual

Imos mostrar como apagar ou reiniciar a máquina tanto no contorno de escritorio como no de texto:

Configurar a rede

Un dos aspectos máis básicos da configuración da máquina é a dos interfaces de rede do equipo. Móstrase a continuación como levala a cabo.

Configurar a rede no contorno gráfico

Comezamos abordando os pasos para a configuración de rede no contorno de escritorio, utilizando a ferramenta NetworkManager que ven incluída coa distribución:

Configurar a rede no contorno de texto

Se queremos configurar as interfaces de rede da máquina Debian no contorno de texto, o que debemos facer é editar o ficheiro de configuración /etc/network/interfaces, que recolle a configuración das distintas interfaces de rede do sistema. A continuación móstrase cal é a sintaxe básica deste ficheiro para establecer a configuración para unha interface de rede co nome eth0:

auto eth0
iface eth0 inet [static|dhcp]
	address direccion_IP
	netmask mascara_de_subrede
        gateway direccion_IP_Porta_de_enlace
        dns-nameservers direccions_IP_dos_servidores_DNS

A continuación móstranse os pasos para configurar as interfaces por medio deste ficheiro:

Actualizar o sistema

Se queremos manter un nivel de seguridade aceptable no noso servidor é moi importante aplicar de forma periódica as actualización dispoñibles. Imos ver como facelo:

Instalar as Guest Additions

Instalando as Guest Additions no sistema convidade poderemos redimensionar o escritorio e optimizar o rendemento da máquina virtual:

Clonar ou exportar un servizo virtualizado da máquina virtual

  • Unha vez que temos a máquina configurada, actualizada e coas Guest Additions instaladas recoméndase clonar a máquina a unha máquina base ou exportala como un servizo virtualizado para poder recuperala en caso de problemas ou se queremos facer algunha proba.
  • Tamén é unha boa idea facer unha instantánea da máquina recén instalada para volver a este estado se fose preciso.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --