Diferencia entre revisiones de «Controis»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 21:40 4 oct 2015

  • Os controis do UI son os elementos interactivos das aplicacións.
  • A seguinte imaxe amosa un exemplo dos máis usados:

00 ui-controls.png


  • Todos os compoñentes visuais están no paquete: android.widget (Ver referencias abaixo)


  • Un control pode ser engadido a un Layout a través dun compoñente XML ou a través de Java en tempo de execución.


  • Nos seguintes apartados iremos usando os controis máis comúns.


  • Ademais de definir os controis en XML tamén veremos unha manipulación básica dos mesmos en Java.


  • De paso que se explica un control, nalgúns casos vaise aproveitar para explicar outros conceptos colaterais.


  • Queda para o usuario o estudo daqueles controis nos que estea interesado do paquete anterior e non estean contemplados no curso.


  • O seguinte é un exemplo dun layout XML cunha etiqueta (EditText) e un botón:
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    android:layout_width="fill_parent"
    android:layout_height="fill_parent"
    android:orientation="horizontal" >

    <EditText
        android:id="@+id/edit_message"
        android:layout_width="0dp"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_weight="1"
        android:hint="@string/edit_message" />

    <Button
        android:id="@+id/button_send"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:onClick="sendMessage"
        android:text="@string/button_send" />

</LinearLayout>




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).