Diferencia entre revisiones de «Depuración: LogCat»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 09:52 28 jul 2015
Introdución
- Unha das técnicas para realizar depuración e seguimento das aplicacións é a creación de logs (rexistros) en tempo de execución.
- En Android úsase a clase Log, que posúe un conxunto de métodos estáticos que nos van axudar no proceso de depuración/seguimento.
- A imaxe amosa un conxunto de mensaxes que teñen, entre outros, os seguintes campos.
- Nivel de criticidade: tipo de mensaxe (Erro, Warning, INfo, Debug, etc)
- PID: Código do proceso que produciu a mensaxe.
- Tag: Etiqueta que axuda á identificación da mensaxe, moi útil para filtrar resultados.
- Mensaxe
- Para cada nivel de criticidade existe un método estático que nós axuda a clasificar as mensaxes que pode producir a aplicación: e(), w(), i(), d() e v().
- Cada un dos métodos recibe como parámetro a etiqueta (tag) e o texto da mensaxe.
- Referencias:
Caso práctico
- Crear o seguinte proxecto: U4_01_Depuracion
- Imos realizar un pequeno proxecto onde amosamos como poder usar o LOG.
- A etiqueta que se está usando no programa é: "DEPURACIÓN"
- E estamos usando un filtro para ver só as etiquetas con ese nome.
- Para ver as mensaxes de log usaremos a ventá LogCat que está tanto na perspectiva Java como DDMS.
O XML do Layout
- A continuación amósase o Layout da aplicación:
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
android:layout_width="match_parent"
android:layout_height="match_parent"
android:orientation="vertical"
tools:context="com.example.u4_01_depuracion.U4_01_Depuracion" >
<EditText
android:id="@+id/et"
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:hint="Introduce o século no que vives"
android:inputType="number" />
<Button
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:text="Preme aquí"
android:onClick="onButtonClick" />
</LinearLayout>
O código Java da aplicación
package com.example.u4_01_depuracion;
import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.util.Log;
import android.view.Menu;
import android.view.MenuItem;
import android.view.View;
import android.widget.EditText;
import android.widget.Toast;
public class U4_01_Depuracion extends Activity {
@Override
protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
super.onCreate(savedInstanceState);
setContentView(R.layout.activity_u4_01__depuracion);
Log.e("DEPURACIÓN", "Mensaxe de erro");
Log.w("DEPURACIÓN", "Mensaxe de aviso");
Log.i("DEPURACIÓN", "Mensaxe de información");
Log.d("DEPURACIÓN", "Mensaxe de mensaxe de depuración");
Log.v("DEPURACIÓN", "Mensaxe de vervose");
}
@Override
public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_01__depuracion, menu);
return true;
}
public void onButtonClick(View v) {
EditText et = (EditText) findViewById(R.id.et);
if (et.getText().toString().equals("21")) {
Toast.makeText(this, "Tes os pes na terra ", Toast.LENGTH_SHORT).show();
Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro if");
} else if (et.getText().toString().equals("")) {
Toast.makeText(this, "Non escribiches nada", Toast.LENGTH_SHORT).show();
Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro else if");
} else
{
Toast.makeText(this, "Estás noutro planeta", Toast.LENGTH_SHORT).show();
Log.i("DEPURACIÓN BOTÓN", "Dentro else");
}
}
}
- Liñas 18-22: A aplicación emite mensaxes a través dos métodos estáticos con distintos niveis de criticidade.
- A etiqueta (tag) é o primeiro campo.
- Liñas 38,42,48: emisión de mensaxes que nos axudan a saber porque parte do código se atopa a aplicación.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).