Diferencia entre revisiones de «Deseños diferentes en función da orientación do dispositivo»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:11 28 jul 2015

Introdución

  • Algúns dispositivos deixan rotar a pantalla, poñéndoa en posición horizontal-vertical (apaisado-retrato)
  • Se queremos ter un deseño diferente para cada orientación, debemos de crear un cartafol dentro de ‘res’ de nome /res/layout-land.
  • Aquí dentro poñemos os deseños que queiramos ter cunha orientación apaisada do dispositivo, mentres que deixaremos en /res/layout os deseños para unha orientación vertical.

Nota: no emulador, para cambiar a orientación debemos premer os botóns CTRL+F11 ou 7 no teclado numérico, sen estar activado o teclado numérico.

  • Antes de continuar abre a calculadora nun AVD ou no dispositivo real e cambia a orientación do dispositivo/AVD. Notas algunha diferencia cando o dispositivo está en Vertical a cando o está en Horizontal?.


Veremos máis adiante, na sección Internacionalización, como podemos xerar estes 'sufixos' de forma automática cando creamos o arquivo de recurso.

Caso práctico

  • Crear o proxecto: U2_40_Landscape
  • Crear en /res o cartafol layout-land.
  • Definir o XML vertical
  • Copiar o XML vertical á nova carpeta e modificalo segundo as necesidades.

XML layout vertical

<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical"
    android:gravity="center" >

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:textColor="#00F"
        android:textSize="18sp"
        android:text="O dispositivo está en posición vertical" />
    
    <Button 
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:onClick="oMeuMetodo"
        android:text="Botón 1" />
    
      <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:gravity="center_horizontal"
        android:text="Esta etiqueta só se amosa cando o dipositivo está en vertical" />
    
</LinearLayout>


XML layout horizontal

  • Observar que falta unha etiqueta, a disposición e distinta, etc.
  • Neste caso os botóns en Vertical e en Apaisado chaman ao mesmo método.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="horizontal" >

    <Button
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:onClick="oMeuMetodo"
        android:text="Botón 1" />

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="O dispositivo está en posición horizontal"
        android:textColor="#F0F"
        android:textSize="18sp" />

</LinearLayout>




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).