Diferencia entre revisiones de «Variables de contorno»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Sin resumen de edición |
(Sin diferencias)
|
Revisión actual - 11:42 24 jul 2015
Introdución
- Até agora sempre estivemos poñendo a ruta completa a onde se atopaba as utilidades que precisabamos: adb, android, emulator, etc.
- Pero iso pódese solucionar poñendo as rutas no path a eses comandos:
- /ruta SDK/tools
- /ruta SDK/platform-tools
Engadir rutas ao path en Linux
- Primeiro imos ver como modificalo para o usuario actual e logo para todo o sistema.
- Trátase de engadir á variable PATH actual ($PATH) as novas rutas:
PATH=$PATH:/opt/android-sdk-linux/tools:/opt/android-sdk-linux/platform-tools export PATH
- Tamén se podería engadir a ruta ao Eclipse para cando se executa dende a consola.
Engadir rutas ao path para o usuario actual
- Path usuario actual
-
O usuario actual pode modificar o ficheiro oculto .bashrc que se executa cando o usuario inicia sesión.
-
gedit .bashrc
-
Engadir ao final do ficheiro as liñas de enriba.
-
Executamos adb e segue sen funcionar. Iso resólvese saíndo e volvendo a entrar para que se execute o ficheiro ou executando o ficheiro: . .bashrc. Agora xa funciona o comando adb.
-
Con echo $PATH podemos ver o contido da variable PATH.
Engadir rutas ao path para o sistema
- Se se teñen permisos de administración pódese realizar isto para todo o sistema no ficheiro /etc/profile.
- Path para o sistema
-
sudo gedit /etc/profile permite engadir as dúas liñas anteriores a este ficheiro.
-
Saíndo e volvendo entrar pódese executar o comando adb devices sen especificar a ruta
-
E lanzar o xestor de AVDs: android avd.
Engadir rutas ao path en Windows
- Path para o sistema
-
Premer en propiedades de Este PC.
-
Ir a Configuración avanzada do sistema.
-
Na lapela Opcións avanzadas premer en Variables de entorno.
-
Editar a variable Path.
-
O mellor que se pode realizar é copiar a ruta dos cartafois anteriores (tools e pltaform-tools) para non trabucarse.
-
Pegar as rutas separadas por ";".
-
Executar o comando path para ver o seu valor.
- Tamén se podería engadir a ruta ao Eclipse para cando se executa dende a consola.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).


