Diferencia entre revisiones de «Vantaxes»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 10:32 13 may 2015
RSS (Really Simple Syndication) é unha tecnoloxía baseada en XML para sindicar ou compartir contido na web. Utilízase para difundir información que se vai actualizar frecuentemente. Os usuarios interesados nesta información teñen que subscribirse á fonte de contidos.
RSS é parte da familia dos formatos XML, desenvolvido especificamente para todo tipo de sitios que se actualicen con frecuencia e por medio do cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. A isto coñéceselle como redifusión web ou sindicación web (unha traducción incorrecta, pero de uso moi común).
Esta tecnoloxía posibilita que un visitante teña unha previsualización rápida dos contidos do noso sitio web. Por tanto, é un xeito de atraer a potenciais usuarios á nosa web, sobre todo se o contido cambia con frecuencia. Teremos que subscribirnos ao que se chama a fonte RSS ou RSS feed do sitio web para recibir actualizacións cando mude o contido de xeito automático. Se non usáramos RSS teríamos que comprobar o sitio web diariamente para ver se este cambia ou non, o cal pode consumir moito tempo.
Ao estar baseado en XML, os ficheiros RSS ou feeds transfírense rápidamente e poden ser usados facilmente en dispositivos móbiles ou PDA. Os sitios web con información similar poden tamén compartir os seus datos para facelos máis interesantes e útiles.
Para ler unha fonte RSS utilízase un lector RSS ou agregador RSS que permite tamén organizar os nosos feeds ou fontes. Cada vez que se queira obter as últimas novas dun sitio web accederemos mediante un lector de RSS a unha fonte RSS.
A continuación móstrase un ficheiro RSS de exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title>O meu sitio web</title>
<link>http://www.meusitio..com</link>
<description>Novas sobre informática</description>
<item>
<title>VLC para Android</title>
<link>http://www.meusitio.com/android</link>
<description>Liberarase pronto unha versión de VLC para Android</description>
</item>
<item>
<title>Nova versión de Firefox</title>
<link>http://www.meusitio.com/firefox</link>
<description>Acaba de publicarse unha nova versión de Firefox</description>
</item>
</channel>
</rss>
As vantaxes de usar os feeds ou contidos doutra xente é obvia, pero cales son as vantaxes de crear os nosos feeds para compartir co resto? Polo menos temos seis razóns para facelo:
- Incrementamos o tráfico ao noso sitio web.
- Crea unha imaxe de marca para o noso sitio.
- Pode axudarnos a incrementar o ranking nos buscadores.
- Permítenos crear relacións consolidadas con outros sitios da mesma comunidade.
- Mellora a calidade da relación usuario-sitio web.
- Con tecnoloxías adicionais permite dar características extras, tales como servizo de actualizacións con mensaxes instantáneos, por exemplo.