Diferencia entre revisiones de «Compartir ficheiros por bluetooth»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 10:34 26 mar 2015
Características e uso de bluetooth
Xa que estamos vendo como intercambiar datos entre un equipo con Ubuntu e outros equipos, imos ver tamén outra opción que nos permite intercambiar datos entre dispositivos con bluetooth, como teléfonos móbiles, tablets, PDAs, etc.
Bluetooth é unha tecnoloxía de redes de área persoal que está deseñada para conectar dispositivos entre si ou a un ordenador. Estes dispositivos poden ir dende teclados ou auriculares ata teléfonos móbiles ou tablets.
Hoxe en día é moi habitual que as tablets e os teléfonos móbiles incorporen interfaz de bluetooth (sobre todo os smartphones), pero para poder intercambiar datos entre estes dispositivos e un ordenador, este tamén ten que contar con un interfaz de bluetooth. Algúns portátiles incorporan este interfaz, e senón podería utilizarse un interface de bluetooth por USB.
Así que, para poder probar na práctica os procesos expostos neste apartado, é necesario contar con un dispositivo con bluetooth e un ordenador con Ubuntu instalado que conte tamén con unha interface de bluetooth. Se non se dispón disto, pódese simplemente ver os pasos que se deben seguir para o intercambio de datos por bluetooth usando Ubuntu.
A aplicación de Bluetooth
A aplicación de Bluetooth xa ven instalada por defecto en Ubuntu
Os dous interruptores da parte superior permiten activar ou desactivar a interface de bluetooth (hai que telo activado para poder transmitir datos) e facer o equipo visible para outros dispositivos con bluetooth. Esta última opción só a activaremos se queremos iniciar a conexión dende o dispositivo externo. Logo vemos a lista de dispositivos definidos, de momento baleira. Por último, a opción de Mostrar o estado do Bluetooth na barra do menú activada fará que se mostre o estado da conexión na icona que se pode ver na barra no menú de Ubuntu con símbolo de Bluetooth.
Iniciar unha conexión con un dispositivo bluetooth
Imos ver agora como podemos iniciar dende o equipo a conexión con un dispositivo bluetooth:
Agora o asistente vai detectar todos os dispositivos visibles que estean no alcance. Podemos fixarnos no despregable de Tipo de dispositivo para ver que tipos de dispositivos bluetooth se poden configurar: ratos, teclados, auriculares, altofalantes, módems, cámaras, impresoras, outros ordenadores, etc.