Diferencia entre revisiones de «Distribucións de Linux»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 16:47 22 feb 2015

Que é unha distribución?

  • Unha distribución de Linux contén o núcleo ou kernel do sistema xunto con todo un conxunto de utilidades e ferramentas de instalación, configuración e uso do mesmo.
  • Son realizadas por particulares, entidades ou empresas que se dedican a facer recopilacións de software que preparan para que se poidan instalar e configurar facilmente.
  • A licenza GPL permite tanto ofrecelas gratuitamente como distribuílas por canles comerciais.
  • Moitas das distribucións ofrecen unha versión estándar gratuíta que se pode descargar de Internet, e versións empresariais ou de servidor, con máis ferramentas, de pago coas que frecuentemente se inclúe un servizo de soporte técnico.
  • En www.linux.org pódese encontrar unha relación das distribucións de Linux existentes e en www.distrowatch.com comparativas de uso de cada unha das distribucións e comentarios sobre elas.

Distribucións máis populares

Entre as distribucións máis estendidas podemos destacar:

Logo redhat.jpg Esta empresa estadounidense desenvolve unha das distribucións de Linux máis utilizadas en servidores. Actualmente a versión gratuíta denomínase Fedora. www.redhat.es
Logo fedora.jpeg Esta distribución está respaldada por Red Hat e desenvolvida pola comunidade de usuarios. fedoraproject.org/es
Logo mandriva.jpg Distribución francesa baseada en RedHat e moi accesible para novos usuarios. Trala fusión con Conectiva cambiou o seu nome por Mandriva. Ofrecese en distintos packs, algúns gratuítos e outros de pago www.mandriva.com/es
Logo debian.jpg Mantén totalmente o espírito GNU, desenvolvida por unha comunidade de arredor de 500 programadores repartidos por todo o mundo e repartida de forma gratuíta. É unha das distribucións máis estables. Como inconveniente, non é tan accesible para usuarios principiantes como as anteriores. http://www.debian.org/index.es.html
Logo ubuntu.jpg Distribución baseada en Debian que gañou moita popularidade pola súa facilidade de uso e de instalación. A partir dela tamén se crearon outras distribucións específicas como xubuntu, kubuntu e edubuntu. www.ubuntu.com
Logo suse.jpg Desenvolvida pola empresa Novell Netware. Ofrece distintas versións da distribución (profesional, empresarial, etc). Actualmente Novell ofrece openSUSE como versión gratuíta. es.opensuse.org
Linuxmint-logo-lama.png Esta distribución ten dúas ramas, e cada unha delas basease nas últimas distribucións de Debian ou Ubuntu. Caracterízase pola usabilidade e a facilidade de interación que ofrece ao usuario. Nestes intres segundo http://distrowatch.com esta distribución supera a Ubuntu en consultas nos últimos 6 meses. Máis en google as páxinas totais que fan referencia a esta distribución andan polo 10% das que o fan a Ubuntu. http://linuxmint.com/.

Outras distribucións

Podemos atopar distribucións para diversos obxectivos, de reducido tamaño, orientadas a servizos de rede, a xogos, etc. Algunhas interesantes:

Logo Galinux.png Distribución creada pola desaparecida Consellería de Inovación e Industria baseada en Ubuntu. Estaba coordinada por mancomun.org e contou coa participación da comunidade galega de software libre. galinux.mancomun.org.
Logo knoppix.jpg Distribución moi popular por ser das primeiras que funciona directamente dende un CD sen necesidade de instalación (CD vivo). www.knoppix.net
Logo gnix.jpg Distribución en galego baseada en Debian, Ubuntu e Knoppix.
Logo gnulinex.jpg Baseada en Debian e desenvolvida pola Junta de Estremadura para a rede da administración e educación. Esta distribución xa desapareceu.
Logo thinstation.jpg Distribución para clientes lixeiros que permite reutilizar equipos obsoletos. thinstation.sourceforge.net


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez feb 2012 (GMT)