Diferencia entre revisiones de «LIGBDX Novas»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 19:21 5 feb 2015
Como comentaremos no seguinte punto este material 'está vivo' non sentido de que vai renovarse continuamente (ata que o corpo aguante :) ).
Neste apartado vou indicar as novas máis salientables que vaian xurdindo relacionadas có framework.
- Xaneiro do 2014: O gañador do certame Global Game Jam 2014 foi un xogo desenvolto en LIBGDX.
- Neste enlace tedes a nova e ademais podedes descargar o código fonte do xogo gañador ou xogar.
- Abril do 2014: Punto de inflexión no desenvolvemento do framework LIBGDX.
- Aparece a nova versión 1.0
- Desenvolvemento usando Gradle como método para enlazar librerías.
- OPEN GL 1.X é eliminado das librerías.
- A mínima versión Android pasa a ser a 2.2.
- Neste enlace tedes a nova máis un pequeno resumo da historia do framework Libgdx dende os seus inicios.
- Marzo do 2013:
- Nova API 3D desenvolvida por Xoppa.
- Maio do 2014:
- Créase unha ferramenta para empaquetar os proxectos de tal forma que xa non é necesario que a máquina virtual de java estea instalada nos equipos. Xa vai dentro do propio xogo.
- Xuño do 2014:
- Clases que permiten obter información para axustar o rendemento do xogo.Enlace á nova.
- Clase PerformanceCounter: permite amosar o tempo entre dous eventos calquera.
- Clase GLofiler: podemos obter o número de texturas 'enlazadas' có campo textturebindings, número de chamadas draw có campo drawCalls.
- O cargador FreeTypeFontGeneratorLoader foi engadido á extensión gdx-freetype, permitindo cargar fontes TTF via AssetManager.
- Xulio do 2014:
- Aparece a versión do framework Ashley 1.0.1 para o desenvolvemento de xogos có LIBGDX, baseado no uso de entidades. Enlace á nova.
- Neste artigo tedes unha pequena explicación de como funciona.
- Agosto do 2014:
- Nova versión do framework LIBGDX 1.3.0.Enlace á nova.
- Versión LIBGDX 1.3.1 corrixe un bug do GWT.Enlace á nova.
- Setembro do 2014:
- Libgdx gaña nunha das categorías dos Duke’s Choice Award.
- Outobro do 2014:
- Nova versión do framework LIBGDX 1.4.1.Enlace á nova.
- Soporte para IOS8 e IPhone6.
- Actualizacións necesarias para traballar coa versión de eclipse 4.4
- Actualización da versión Gradle á 2.1 coa API 20 de Android, build tools 20.
- Diversos cambios en métodos e propiedades da API.
- Novembro do 2014:
- Libgdx xa pode traballar coa tecnoloxía Intel RealSense. Enlace á nova.
- Intel RealSense é unha tecnoloxía que entre outras vantaxes permite recoñecer o movemento das mans e dedos permitindo facer novos sistemas de controis nos xogos.
- Decembro do 2014:
- Nova versión do framework LIBGDX 1.5.0.Enlace á nova.
- Os gráficos PNG xa soportan a opción de compresión e mellora a eficiencia na carga deste tipo de gráficos.
- Cambios varios en IOS.
- Corrixe bugs.
- Cambios menores en certos nomes de propiedades e método da API sobre toda na UI.
- Decembro do 2014:
- Nova versión do framework LIBGDX 1.5.2.Enlace á nova.
- Actualízase Gradle á versión 2.2 e Android Gradle Tool ata a 1.0.
- Optimizacións en operacións JSON.
- Varias cambios na API.
- Actualízase a LWJGL 2.9.2.
- Xaneiro do 2015:
- Nova versión do framework LIBGDX 1.5.3.Enlace á nova.
- No desenrolo para IOS modifícase RoboVM para dar soporte de 64bits.
- Xaneiro do 2015:
- gdxAI 1.5.0.Enlace á nova.
- AI permite, entre outras vantaxes, crear 'camiños' que podan ser percorridos polos personaxes do xogo para chegar a un punto de destino dende un punto orixe.
- Máis información en: https://github.com/libgdx/gdx-ai/wiki
-- Ángel D. Fernández González -- (2014).