Diferencia entre revisiones de «PDM Avanzado Reprodución de Vídeo»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:59 15 nov 2014

Introdución

As clases que interveñen na gravación son:

  • Clase Camera: danos acceso á cámara, as súas características. Usarémola se facemos unha aplicación na que queiramos xestionar a cámara por nos mesmos.
  • Clase SurfaceView: para previsualizar o que imos gravar.
  • Clase MediaRecorder: permítenos gravar vídeo dende a cámara.


Para facer uso da cámara para gravar un vídeo podemos utilizar un Intent, evitándonos ter que deseñar a aplicación para xestionar a cámara.


Permisos necesarios a engadir no arquivo AndroidManifest.xml:

  • Permiso para facer uso da cámara:
<uses-permission android:name="android.permission.CAMERA" />


Nota: Se usamos a opción de chamar á cámara cun Intent non necesitamos dito permiso.

  • Permiso para facer uso da cámara:
<uses-feature android:name="android.hardware.camera" required="true"/>

Se queremos facer uso doutras ‘características’, tanto da cámara coma doutro hardware que ten o dispositivo móbil, consultar: http://developer.android.com/guide/topics/manifest/uses-feature-element.html#hw-features

Desta forma Google Play impedirá que se instale á aplicación se o dispositivo non ten o hardware necesario coas características especificadas.

Neste caso, a nosa aplicación está requirindo ó uso da cámara, pero pode ocorrer que non a necesite para que funcione (podemos limitar a funcionalidade da nosa aplicación se o dispositivo non ten cámara, por exemplo). Para indicar isto temos que poñer:

<uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="false" />
  • Permiso de almacenamento: se a aplicación vai gardar os datos nunha tarxeta SD externa:
<uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />


  • Permiso para capturar audio (se é o caso):
<uses-permission android:name="android.permission.RECORD_AUDIO" />



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).