PDM Avanzado Reprodución de Vídeo
Introdución
As clases que interveñen na gravación son:
- Clase Camera: danos acceso á cámara, as súas características. Usarémola se facemos unha aplicación na que queiramos xestionar a cámara por nos mesmos.
- Clase SurfaceView: para previsualizar o que imos gravar.
- Clase MediaRecorder: permítenos gravar vídeo dende a cámara.
Para facer uso da cámara para gravar un vídeo podemos utilizar un Intent, evitándonos ter que deseñar a aplicación para xestionar a cámara.
Permisos necesarios a engadir no arquivo AndroidManifest.xml:
- Permiso para facer uso da cámara:
<uses-permission android:name="android.permission.CAMERA" />
Nota: Se usamos a opción de chamar á cámara cun Intent non necesitamos dito permiso.
- Permiso para facer uso da cámara:
<uses-feature android:name="android.hardware.camera" required="true"/>
Se queremos facer uso doutras ‘características’, tanto da cámara coma doutro hardware que ten o dispositivo móbil, consultar: http://developer.android.com/guide/topics/manifest/uses-feature-element.html#hw-features
Desta forma Google Play impedirá que se instale á aplicación se o dispositivo non ten o hardware necesario coas características especificadas.
Neste caso, a nosa aplicación está requirindo ó uso da cámara, pero pode ocorrer que non a necesite para que funcione (podemos limitar a funcionalidade da nosa aplicación se o dispositivo non ten cámara, por exemplo). Para indicar isto temos que poñer:
<uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="false" />
- Permiso de almacenamento: se a aplicación vai gardar os datos nunha tarxeta SD externa:
<uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />
- Permiso para capturar audio (se é o caso):
<uses-permission android:name="android.permission.RECORD_AUDIO" />
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).