Diferencia entre revisiones de «Xe»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 15:24 2 nov 2014
O interface de liña de comandos (CLI) xe
- Como se viu na introdución aos interfaces de xestión de Xen, xe é o CLI asociado ao interface XAPI.
- A continuación vanse executar unhas instrucións de mostra para familiarizarse con el.
- Ao igual que en linux cando se preme a tecla de tabulador dúas veces, unha vez que se comezou a escribir un comando ou unha opción do comando, o CLI completa o comando ou a opción, ou amosa os comandos ou opcións dispoñibles.
- xe úsase tanto para XenServer como para XCP.
- A sintaxe básica é:
xe <command-name> <argument=value> <argument=value> ...
- Exemplo para ver as MVs dun host:
xe vm-list
- Tamén se pode executar o comando remotamente:
xe <command-name> -user <username> -password <password> -server <hostname>
- En Windows no directorio de instalación de XenCenter
C:\Program Files\Citrix\XenCenter>xe <command-name> -user <username> -password <password> -server <hostname>
- Informalmente falando, os comandos xe poden ser divididos en 2 metades:
- Comandos de baixo nivel: mostran e manipulan os parámetros dos obxectos da API.
- Comandos de alto nivel: serven para interactuar coas MVs ou cos hosts.
- Estes comandos organízanse da seguinte maneira:
class-list class-param-get class-param-set class-param-list class-param-add class-param-remove class-param-clear
- Onde class pode ser un dos seguintes:
console host host-crashdump host-cpu network patch pbd pif pool sm sr task template vbd vdi vif vm
- No seguinte enlace atópase todo o necesario para a xestión do hipervisor co CLI xe: http://docs.vmd.citrix.com/XenServer/6.2.0/1.0/en_gb/reference.html#cli. Ao longo do curso realizaranse tarefas facendo uso de xe.
- Todo obxecto (MV, disco, etc) creado en XenServer ou XCP ten un identificador único chamado: uuid.
- Cando se precisa facer uso dun uuid, tamén se pode facer uso da tecla TAB para completar o seu valor.
Exemplos de uso do CLI xe
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 1014)