Diferencia entre revisiones de «Aplicación a desenvolver»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 10:05 18 nov 2013

Aplicación Memoriae

Neste curso vaise tratar de crear a aplicación que está no seguinte enlace: Media:ActivityPresentacion.apk.zip

  • A aplicación hai que descomprimila e instalar o apk.
  • Unha vez instalada é bo ver como funciona.
  • Para aqueles que se atopen con dificultades seralles facilitado parte do código.

Actividade Unidade 2


  • Idiomas:
    • Por defecto: galego
    • Inglés


  • Se se desexa usar código facilitado por nós é aconsellable comezar seguindo as instrucións que se indican a continuación:

Proxecto

  • Nome do paquete: com.platega.memoriae
  • Nome das Activities: o que se indica a continuación para cada pantalla.
  • A seguinte imaxe recorda onde está ese campo.

Android 2013 U2 01 OlaMundo 12.jpg

Pantalla de entrada: ActivityPresentacion

Memoriae 01.jpeg


  • Ao premer en Entrar:
    • debemos pasar á seguinte Activity
    • debemos destruír esta Activity.
  • Observacións: Non facer a terra por agora.

Pantalla principal: ActivityPrincipal

Memoriae 02.jpeg Memoriae 06.jpeg

  • Escollemos que xogo desexamos realizar ou mirar os resultados.
  • Os compoñentes da pantalla distribúense de distinta forma en función da orientación.
  • Accións: se se preme en:
    • Parellas iremos á activity: ActivityParellas
    • Preguntas iremos á activity: ActivityPreguntas
    • Resultados iremos á activity: ActivityScores
  • Observacións: non poñer os botóns superiores dereita.
  • Premer o botón Menú do teclado para realizar a posta apunto.

Pantalla preguntas: ActivityPreguntas

Memoriae 04.jpeg

  • Funcionamento:
    • Para responder:
      • Android 3.0 ou superior: premer na icona do interrogante e arrastralo cara as imaxes verdadeiro ou falso.
      • Noutro caso: premer sobre as iconas de verdadeiro ou falso.
    • Se se mantén pulsado o rato sobre a pregunta, permite engadir preguntas ou eliminar a presente.

Implantar:

    • Amosar os elementos da pantalla, e no lugar no que están, pero sen as funcionalidades anteriores.
    • Onde está a pregunta que apareza un texto que diga "Aquí estará a pregunta". As preguntas móstranse nun TextView e ten a posibilidade de scroll, aínda que sexa a través de outro Layout.
    • O cronómetro.

Pantalla parellas: ActivityParellas

Memoriae 03.jpeg

  • Funcionamento:
    • Cando se preme nunha imaxe interrogante aparece outra detrás.
    • Pódense descubrir dúas imaxes como máximo.
    • Trátase de emparellar as imaxes que están detrás da imaxe do interrogante.
  • Implantar:
    • Os elementos da pantalla pero sen as funcionalidades anteriores.
    • A pantalla amosando só as imaxes dos interrogantes cargadas en tempo de execución. O número de filas x columnas é configurable.
    • Ao pulsar a imaxe do interrogante cargase calquera outra detrás e amosara un TAG distinto para cada unha.
    • O lugar onde se dispoñen as imaxes ten un scroll vertical.
    • O cronómetro. Ollo que vai en senso inverso.

Pantalla resultados: ActivityScores

Memoriae 05.jpeg

    • Implantar os elementos da pantalla sen as funcionalidades.