Diferencia entre revisiones de «Curso POO PHP Expresións regulares»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 09:59 26 jul 2013
Expresións regulares
PHP ofrece soporte para utilizar expresións regulares ao estilo das que ten a linguaxe Perl por medio da librería PCRE, que dende a versión 5.3.0 da linguaxe PHP xa non pode ser deshabilitada.
As expresións regulares empréganse xunto con certas funcións para realizar buscas, sustitucións ou divisións en cadeas de texto. O patrón que contén a expresión regular encérrase entre delimitadores. O delimitador pode ser calquera caracter alfanumérico menos a barra invertida e o espazo.
Patróns
Dentro dos patróns, pódense empregar caracteres especiais como os seguintes:
Caracter | Significado |
---|---|
\ | Escapa calquera dos caracteres especias para poder empregalo dentro do patrón perdendo o seu significado. |
^ | Fixa o comezo da cadea |
$ | Fixa o final da cadea |
. | Un caracter calquera |
? | O caracter anterior é opcional; pode figurar 0 ou 1 veces |
+ | Repite o caracter anterior 1 ou máis veces |
* | Repite o caracter anterior 0 ou máis veces |
| | Separa dúas expresións alternativas |
[] | Abranguen un conxunto ou rango de caracteres |
Por exemplo:
Patrón | Significado |
---|---|
^<b>.*</b>$ | Calquera texto que comeza coa etiqueta <b> e remata con </b> |
^a|A$ | Letra a minúscula ou A maiúscula |
a|A | Calquera texto que conteña a letra a minúscula ou letra A maiúscula |
[oO]?la | Calquera texto que conteña "ola" ou "Ola" |
Funcións
Entre as funcións que soportan expresións regulares temos:
- preg_match. Compara unha cadea de texto con unha expresión regular.
- preg_replace. Realiza sustitucións de expresións regulares en cadeas de texto.
- preg_split. Divide unha cadea de texto mediante unha expresión regular.
--Víctor Lourido 20:19 26 jun 2013 (CEST)