Diferencia entre revisiones de «Curso POO PHP Variables especiais»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:58 26 jul 2013

Referencias e variables variables

Referencias

En PHP pódense empregar referencias a variables empregando o símbolo &. As referencias son soamente alias (un novo xeito de chamar a unha variable xa existente). Cando se crea unha referencia, ao contrario que sucede cando se crea unha variable, non se reserva para ela un novo espazo de almacenamento (emprega o mesmo espazo de almacenamento da variable á que fai referencia). Deste xeito, se modificamos o valor dunha referencia modifícase tamén o valor da variable orixinal.

$saudo = "Ola";
$outra_variable = & $saudo;
$outra_variable = "Bos días";

//O seguinte amosa o texto "Bos días"
echo $saudo;

Variables variables

Tamén é posible crear variables para almacenar os nomes doutras variables. Este tipo de variables chámanse variables variables. Deste xeito, para acceder ao valor das variables deberase empregar un dobre signo $.

$saudo = "Ola";
$outra_variable = "saudo";

//O seguinte amosa o texto "Ola"
echo $$outra_variable;


--Víctor Lourido 14:41 25 jun 2013 (CEST)