Diferencia entre revisiones de «Curso POO PHP Configuración de PHP»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 09:56 26 jul 2013
Configuración de PHP
A configuración tanto do servidor web Apache, coma de PHP, realízase por medio de ficheiros de configuración. O de Apache é httpd.conf, e o principal ficheiro de configuración de PHP é php.ini. Este ficheiro, php.ini, pode encontrarse en distintas ubicacións.
Ficheiro php.ini
A función phpinfo() informa, entre outras moitas cousas, do lugar en que se encontra almacenado o ficheiro php.ini.
Algunhas das directivas máis utilizadas que figuran no ficheiro php.ini son:
- short_open_tag. Indica se se poden utilizar en PHP os delimitadores curtos <? y ?>. É preferible non os usar, pois pode causarnos problemas en páxinas XML. Para prohibir a utilización destes delimitadores con PHP asignámoslle a esta directiva o valor Off.
- max_execution_time. Permite que poidas axustar o número máximo de segundos que poderá durar a execución dun script PHP. Evita que o servidor se bloquee se se produce algún erro nun script.
- error_reporting. Indica que tipo de erros se mostrarán no caso de que se produzan. Por exemplo, se fas error_reporting = E_ALL, mostrarache todos os tipos de erros. Se non queres que che mostre os avisos pero si outros tipos de erros, podes facer error_reporting = E_ALL & ~E_NOTICE.
- file_uploads. Indica se se poden ou non subir ficheiros ao servidor por HTTP.
- upload_max_filesize. En caso de que se poidan subir ficheiros por HTTP, podes indicar o límite máximo permitido para o tamaño de cada arquivo. Por exemplo, upload_max_filesize =1 M.
A lista completa de directas pódela atopar na documentación de PHP.
Ficheiros .user.ini
Dende a versión 5.3 de PHP, engadiuse tamén soporte a ficheiros de configuración .user.ini, similares aos .htaccess de Apache. Estes ficheiros soportan algunhas das directivas da lista anterior e aplícanse á execución dos scripts presentes no mesmo directorio da directiva e nos seus subdirectorios. De xeito semllante a Apache, PHP percorre os directorios dende a raiz ata o do script buscando ficheiros .user.ini e aplicando as súas directivas.
Existen dúas directivas que controlan o comportamento de PHP con respecto aos ficheiros .user.ini:
- user_ini.filename. Indica o nome do ficheiro de configuración, .user.ini por defecto.
- user_ini.cache_ttl. Indica cada cánto tempo debe buscar PHP cambios nos ficheiros .user.ini. O valor por defecto é de 5 minutos.
Función ini_set
Certas directivas poden modificarse tamén en tempo de execución no mesmo script PHP, empregando a función ini_set. Con ini_get é posible, de forma semellante, obter o valor dunha directiva, e con ini_restore devolvela ao seu valor orixinal.
ini_set('max_execution_time', '60');
Outros xeitos
Cando se executa PHP como módulo de Apache, pódense facer tamén cambios nas directivas de PHP dende os ficheiros de configuración de Apache, dende httpd.conf e tamén nalgúns casos dende os ficheiros .htaccess. Isto acádase empregando as directivas de Apache php_value, php_flag, php_admin_value e php_admin_flag.
Outro procedemento máis para cambiar os valores das directivas de PHP é empregando o rexistro en sistemas Windows.
--Víctor Lourido 14:40 25 jun 2013 (CEST)