Diferencia entre revisiones de «Identificación de ámbitos de aplicación»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 12:29 8 dic 2010

Identificación de ámbitos de aplicación

As linguaxes de etiquetaxe teñen unha ampla aplicación en multitude de ámbitos. Cítanse a continuación algúns deles:

  • Marcado de documentos de tipo xeral. Por exemplo, Docbook é unha linguaxe de marcas que permite a etiquetaxe de documentos para todo tipo de material e programas informáticos. Outro exemplo é a linguaxe de marcación para wikis denominada Wikitexto, da que, desgraciadamente, non existe un estándar que defina a súa sintaxe.
  • Tecnoloxías Internet. Sen dúbida é un dos ámbitos de aplicación onde máis se usan as linguaxes de marcas. De feito, a evolución da World Wide Web está directamente ligada a linguaxes de marcación como SGML (Standard Generalized Markup Language), HTML, XML, etc.
  • Linguaxes de marcación especializadas. Aplícanse a ámbitos específicos como as matemáticas (OpenMath), o modelado de realidades virtuais (VRML) ou os videoxogos (BulletML), entre outros.

Un dos ámbitos de aplicación onde as linguaxes de marcas teñen un papel moi relevante (en especial o XML) é nas tecnoloxías web e en especial na web semántica. Neste sentido, a evolución das linguaxes de marcas determinaron a World Wide Web, tal e como a coñecemos hoxe en día.

--Arribi 15:46 22 sep 2010 (BST)