Diferencia entre revisiones de «Listas»
(Sin diferencias)

Revisión actual del 23:24 21 oct 2010
Listas
As listas existen dende sempre na linguaxe HTML, vexamos os tipos existentes:
Listas non numeradas
As listas non numeradas empréganse para coleccións de elementos relacionados que aparecen sen ningún tipo de orde determinada. En (X)HTML as listas non numeradas indícanse co elemento
(Unnumbered List). O contido dun
limítase a un ou máis elementos de lista
(List Item). Estes elementos de lista son elementos de bloque, polo que sempre se mostrarán nunha nova liña.
- ul:

- Atributos: id, class, style, title
- Atributos obsoletos:
- - compact
- - type="disc | circle | square"
- li:

- Atributos: id, class, style, title
- Atributos obsoletos:
- - type="formato"
- - value="número"
Exemplo:

Listas non numeradas

Listas numeradas

Listas de definición

- Recordade que en (X)HTML é obrigatorio pechar todas as etiquetas.
Listas numeradas
As listas numeradas empréganse para listas nas que a secuencia dos elementos é importante. As listas numeradas indícanse co elemento
(Ordered List) e deben incluír un ou máis elementos de lista (
). Trátanse de elementos de bloque.
- ol:

- Atributos: id, class, style, title
- Atributos obsoletos:
- - compact
- - start="number"
- - type = "1 | A | a | I | i"
Exemplo:

Instalar o sistema operativo

Actualizar o sistema operativo

Instalar o resto do software

- Recordade que en (X)HTML é obrigatorio pechar todas as etiquetas.
Listas de definición
Este tipo emprégase para listas que consisten en parellas de termos e definicións. As listas de definición están marcadas como elementos
(Definition List). O contido dun dl é algún número de termos (indicados polo elemento
- Definition Term) e definicións (indicados polo elemento
). O elemento dt (termo) só pode conter elementos en liña. Todos os elementos empregados nas listas de definición son elementos a nivel de bloque e comezarán por unha nova liña.
- dl:

- Atributos: id, class, style, title, compact
- dd:

- Atributos: id, class, style, title
A estrutura das listas de definición é algo distinta das listas vistas ata o de agora. Estas listas están compostas por elementos dt e dd, e estes elementos contidos nun elemento dl, tal e como pode verse no seguinte exemplo:
Exemplo:

em

Indica texto enfatizado. Renderízase en cursiva.

strong

Indica texto moi enfatizado. Renderízase en negra.

- Non é necesario que os termos e as definicións aparezan alternándose. Pódense introducir dous termos seguidos e logo unha definición (por exemplo).
Aniñar listas
Os elementos de listas poden aniñarse noutras listas. Por exemplo, pódese aniñar unha lista numerada nunha de definición, ou viceversa.
Vexamos un exemplo:
Sistemas Operativos:

Windows

Windows Vista

Windows XP

Windows 98

Linux

MacOS X

O código anterior dará como resultado:
Sistemas Operativos:
- Windows
- Windows Vista
- Windows XP
- Windows 98
- Linux
- MacOS X
- Windows Vista
- Windows XP
- Windows 98