Diferencia entre revisiones de «Applets»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 13:19 5 jun 2010
Applets
Un applet é unha aplicación Java que se descarga da rede e pode executarse nun navegador Web, normalmente embebido nunha páxina Web. Un applet ten que ser unha sublase da clase java.applet.Applet.
O ciclo de vida dun applet está directamente relacionado con catro métodos da clase Applet:
- init: Úsase para inicializar o applet.
- start: Chámase automaticamente despois do método init. Vólvese chamar cada vez que un usuario regresa á páxina que contén o applet, despois de visitar outras páxinas.
- stop: Chámase automaticamente cando o usuario abandona a páxina contendo o applet. Pódese usar este método para parar unha animación.
- destroy: Chámase cando o navegador se pecha de xeito normal.
Polo tanto, un applet pode inicializarse unha única vez, empezar ou parar a súa execución unha ou máis veces durante a súa vida, e destruírse unha única vez.
Nos primeiros anos de existencia desta tecnoloxía a súa gran vantaxe fronte ás aplicacións Java era que podían implantarse facilmente a través da Web. Con todo, a aparición de Java Web Start fai que a día de hoxe as aplicacións Java standalone tamén se podan implantar facilmente.
Para carar un applet nunha páxina web hai que usar a etiqueta applet:
<applet code=AppletWorld.class width="200" height="200">
Pódese usar o appletviewer que é un programa lixeiro para testar os applets:
appletviewer AppletWorld.html
Convén probar os applets en varios navegadores.
Exemplos
Ver a seguinte ligazón: Exemplos