Diferencia entre revisiones de «Unidade formativa Multimedia (Ciclo SMR)»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 22:30 8 mar 2010

Unidade formativa Multimedia do Ciclo SMR

  • Curso:
  • Duración: 100 horas
  • Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas

RA1. Manipula imaxes dixitais aplicando técnicas básicas de captura e de edición

– CA1.1. Analizáronse os formatos de imaxes.
– CA1.2. Recoñeceuse a necesidade dos formatos de compresión con perdas.
– CA1.3. Realizáronse capturas de pantallas.
– CA1.4. Realizouse a adquisición de imaxes con periféricos.
– CA1.5. Traballouse con imaxes a varias resolucións, segundo a súa finalidade.
– CA1.6. Analizáronse aplicacións de edición de imaxes.
– CA1.7. Empregáronse ferramentas de edición de imaxe dixital.
– CA1.8. Importáronse e exportáronse imaxes en diversos formatos.
  • Formatos de imaxes.
  • Parámetros das imaxes: resolución, número de cores e compresión.
  • Aplicacións de retoque fotográfico.
  • Axustes de imaxe e de cor.
  • Uso de máscaras e capas.
  • Aplicación de filtros e efectos.
  • Importación e exportación de imaxes.
  • Uso de aplicacións de captura de pantalla.
  • Uso de dispositivos de captura de imaxes.

RA2. Manipula secuencias de vídeo aplicando técnicas de captura e de edición básicas

– CA2.1. Recoñecéronse os elementos que compoñen unha secuencia de vídeo.
– CA2.2. Identificáronse os tipos de formatos e codecs máis empregados.
– CA2.3. Instaláronse codecs no sistema e configuráronse para o seu uso.
– CA2.4. Analizáronse as posibilidades de diversas aplicacións específicas.
– CA2.5. Importáronse e exportáronse secuencias de vídeo.
– CA2.6. Importáronse pistas de audio e sincronizáronse coas secuencias de vídeo.
– CA2.7. Aplicáronse transicións e efectos sinxelos.
– CA2.8. Realizáronse conversións de formato en secuencias de audio e vídeo.
– CA2.9. Traballouse con distintos formatos e diferentes taxas de compresión, en función da finalidade especificada.
– CA2.10. Realizáronse capturas de secuencias da pantalla utilizando aplicacións específicas.
– CA2.11. Capturáronse secuencias de vídeo cos recursos axeitados.
– CA2.12. Elaboráronse vídeos titoriais.
  • Formatos de vídeo. Contedores. Codecs.
  • Aplicacións de edición de vídeo.
  • Aplicación de transicións e de efectos.
  • Sincronización do audio.
  • Creación de títulos e menús.
  • Edición na liña de tempo.
  • Captura de secuencias de pantalla.
  • Importación e exportación de vídeos.

RA3. Elabora presentacións multimedia aplicando normas básicas de composición e deseño.

– CA3.1. Identificáronse as opcións básicas das aplicacións de presentacións.
– CA3.2. Recoñecéronse os tipos de vista asociados a unha presentación.
– CA3.3. Aplicouse e recoñeceuse a tipografía e as normas básicas de composición, deseño e uso da cor.
– CA3.4. Creáronse presentacións.
– CA3.5. Deseñáronse patróns de presentacións.
– CA3.6. Utilizáronse periféricos para executar presentacións.
  • Deseño e edición de diapositivas.
  • Formato de diapositivas, textos e obxectos.
  • Normas de composición: tipografía e uso da cor.
  • Importación e exportación de presentacións.
  • Uso de patróns e asistentes: patróns de diapositivas.

RA4. Ofrece apoio no uso de aplicacións e resolve as incidencias que se presenten

– CA4.1. Elaboráronse guías visuais cos conceptos básicos de uso dunha aplicación.
– CA4.2. Identificáronse problemas relacionados co uso de aplicacións ofimáticas.
– CA4.3. Utilizáronse manuais de usuario para instruír no uso de aplicacións.
– CA4.4. Aplicáronse técnicas de asesoramento no uso de aplicacións.
– CA4.5. Realizáronse informes de incidencias.
– CA4.6. Aplicáronse os procedementos necesarios para salvagardar a información e a súa recuperación.
– CA4.7. Utilizáronse os recursos dispoñibles para arranxar incidencias (documentación técnica, axudas en liña, soporte técnico, etc.).
– CA4.8. Arranxáronse as incidencias no tempo adecuado e co nivel de calidade esperado.
  • Elaboración de guías e manuais de uso de aplicacións.
  • Formación ao usuario.
  • Resolución de incidencias.