Diferencia entre revisiones de «Instalación e Configuración xeral de Moodle»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 13:29 18 mar 2009
Introdución
Moodle é un sistema libre de xestión de cursos. A este tipo de ferramentas tamén se lles chama LMS (Learning Management System), facilitando o ensino e a aprendizaxe colaborativa. As seguintes instrucións son para a instalación do Moodle en Ubuntu.
Pasos previos: Apache, PHP5 e mySQL
Antes de instalar Moodle hai que instalar Apaache, PHP5 e mySQL.
- Para instalar o apache:
sudo apt-get install apache2
Posteriormente hai que editar o ficheiro de configuración default:
sudo nano /etc/apache2/sites-available/default
Hai que inserir nel a seguinte liña dentro da directiva VirtualHost:
DirectoryIndex index.php index.html index.htm
Finalmente reiniciamos o Apache:
sudo /etc/init.d/apache2 restart
- Hai que instalar tamén o php5. Para iso teclea:
sudo apt-get install php5 php5-mysql php5-gd php5-curl php5-xmlrpc
- Instala tamén o mySQL:
sudo apt-get install mysql-server
Unha vez instalado o mySQL hai que crear unha base de datos que se chamará moodle. Para iso executamos o seguinte comando que permite iniciar sesión en mySQL:
mysql -u root -p
Creamos a base de datos:
CREATE DATABASE moodle DEFAULT CHARACTER SET utf8 COLLATE utf8_unicode_ci;
Outorgamos os permisos necesarios ao usuario de Moodle:
GRANT SELECT,INSERT,UPDATE,DELETE,CREATE,DROP,INDEX,ALTER ON moodle.* TO usuario_moodle@localhost IDENTIFIED BY 'o_contrasinal';
Saímos de MySQL executando:
quit
Por último, reiniciamos mySQL:
mysqladmin -p reload -u root
Os pasos anteriores correspondentes ao mySQL tamén se poden realizar co phpmyadmin.
Instalación de Moodle
O Moodle non está nos repositorios de Ubuntu, así que hai que descargalo da páxina oficial.
Unha vez descargado descomprimimos o ficheiro nun directorio:
tar xzvf moodle-weekly-19.tgz
Movemos o cartafol moodle a /var/www/ que é onde, por defecto, se aloxan as páxinas web en Apache2:
sudo mv moodle /var/www/
Moodle necesita un directorio para almacenar ficheiros. Por seguridade non debe estar accesible desde a web polo que o crearemos en /var co seguinte comando:
sudo mkdir /var/moodledata
A continuación debemos cambiar o propietario do directorio para que Moodle poida acceder a el:
sudo chown -R nobody:www-data /var/moodledata
Tamén lle cambiamos os permisos co mesmo fin:
sudo chmod -R 0770 /var/moodledata
A partir de aquí a instalación pode facerse en modo gráfico a través do navegador web introducindo na barra de direccións http://localhost/moodle e seguindo os pasos da instalación.