Wiki

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Que é un wiki?

Un wiki (do hawaiano wiki wiki, «rápido») é un sitio web colaborativo. Os usuarios dun wiki poden editar o contido dunha paxína web de xeito interactivo, fácil e rápido, todo iso a través dun navegador web, utilizando unha notación sinxela para dar formato, crear enlaces, etc.

Os wikis conservan un historial de cambios que permite recuperar facilmente o estado anterior dunha páxina. Isto é importante porque cando alguén edita unha páxina wiki, os seus cambios aparecen inmediatamente na web, sen pasar por ningún tipo de revisión previa.

Vantaxes

As principais vantaxes derivadas de usar wikis son:

  • Inmediatez na publicación de contidos
  • Acceso "universal" mediante navegador Web
  • Sinxeleza á hora de editar artigos
  • Ampliación dos contidos de xeito colaborativo
  • Creación de comunidade

Edición

Para poder editar artigos nun wiki normalmente hai que rexistrarse. Para rexistrate na Galipedia podes ir á seguinte ligazón: Rexistro Galipedia

Unha vez feito o rexistro poderemos editar os artigos. Hai unha zona de probas. En calquera caso, convén ser o máis obxectivos posibles á hora de contribuír para evitar verter opinións persoais que estarían fóra do alcance da ferramenta.

Os wikis como ferramenta educativa

Empreguemos como empreguemos os wikis, convén facer ver ao alumnado que se trata dunha ferramenta na que se traballa de maneira voluntaria e desinteresada, favorecéndose unhas persoas ás outras. Por este motivo, hai que prestar especial atención ás modificacións que se fagan de artigos xa existentes para que realmente os amplíen e melloren. Do mesmo xeito, que as novas entradas que se introduzan estean ben escritas, presenten información verdadeira e non conteñan descualificacións para ningunha persoa ou grupo de persoas.

Fonte de información

Os wikis proporcionan unha fonte de información que, aínda que moitas veces non é completa, se pode usar para facer un primeiro achegamento a un concepto. Loxicamente, a calidade desta información dependerá do wiki (ou do propio artigo dentro do wiki). O acceso é de balde polo que sempre que queiramos que o alumnado amplíe determinada información que se lles dá na clase, podemos recomendarlles o seu uso. Dado que os wikis se están editanto permanentemente convén revisar os contidos que o alumnado vai consultar e, incluso, engadir a información que se considere relevante para os seus obxectivos.

Creación de contidos

Pódense desenvolver dous tipos de actividades de creación:

  • Edición de contidos a partir de artigos xa creados . Esta actividade pode estar guiada polo profesor indicando que información falta, así como referencias onde se pode atopar. O obxectivo é que alumnado localice e integre de maneira coherente contidos nos artigos xa existentes do wiki.
  • Edición de contido empezando de cero. A actividade pasa por localizar unha entrada inexistente e engadila ao wiki artellando unha lista revisada polo profesor e/ou discutida cos compañeiros, do que se debería engadir.

Outras propostas

Outras posibles aplicacións para a utilización dos wikis no centro son as seguintes:

  • Creación da páxina web da aula ou centro educativo de forma cooperativa entre alumnos e profesores
  • Creación de FAQ ou glosarios para cada materia

Referencias