Ventaxas de CSS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

As ventaxas de empregar CSS son:

  • Maior control no deseño das páxinas: Pódese chegar a deseños fora do alcance de HTML.
  • Menos traballo: Pódese cambiar o estilo de todo un sitio coa modificación dun único arquivo.
  • Documentos máis pequenos: As etiquetas font e a gran cantidade de táboas empregadas para dar unha boa aparencia ós sitios web desaparecen agora, polo que se aforra código na configuración da presentación do sitio.
  • Documentos moito máis accesibles: Os documentos ben estruturados son accesibles a mais dispositivos e usuarios.
  • HTML de presentación está en vías de desaparecer: O W3C xa depreciou todos os elementos e atributos de presentación das especificacións HTML e XHTML.
  • Ten bo soporte: Neste intre, case todos os navegadores soportan case toda a especificación CSS1 e a maioría tamén as recomendacións de nivel 2 e 2.1.