Vínculos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Un vínculo é unha conexión entre dous recursos Web.

Este punto veranse os elementos HTML relacionados cós vínculos e coa creación de relacións entre documentos.

Vínculos de hipertexto simples

O elemento <a> utilízase para identificar unha cadea de texto ou unha imaxe que sirva como un vínculo de hipertexto a outro documento. Vexamos os atributos mais interesantes deste elemento:

  • O atributo href proporciona o nome da ruta (URL) do documento ao que se quere vincular.
Un vínculo a un ficheiro html será do seguinte xeito:
Este é un <a href="ficheiro.html">enlace</a> a un ficheiro.
Para converter unha imaxe nun vínculo:
Enlace á imaxe <a href="casa.html"><img src="casa.gif"></img></a>
Por defecto, a maioría dos navegadores gráficos mostrarán o texto vinculado subliñado e en cor azul, pero isto pódese modificar con follas de estilo.
  • O atributo target indica ao enlace onde ten que abrirse.
Para que o enlace se abra nunha páxina nova:
Enlace a un <a href="ficheiro.html" target="_blank">ficheiro</a>
Para que o enlace se abra na mesma páxina e escape de frames ou marcos:
Enlace a un <a href="ficheiro.html" target="_top">ficheiro</a>

URL absolutas

Trátase de enlaces con ficheiros que están noutros servidores:

Web do <a href="http://www.iessanclemente.net/web/index.html" target="_blank">IES San Clemente</a>.

URL relativas

Unha URL relativa apunta a outro documento que se atopa no mesmo servidor que o documento actual. Vexamos un exemplo no que queremos enlazar o ficheiro www.iessanclemente.net/web/informatica/profesores.html dende www.iessanclemente.net/web/index.html:

Podes ver os profes dende o seguinte <a href="informatica/profesores.html" target="_blank">enlace</a>.

Se dende o ficheiro www.iessanclemente.net/web/informatica/profesores.html queremos enlazar www.iessanclemente.net/web/index.html:

Para volver á <a href="../index.html" target="_blank">portada</a>.

Vínculos dentro dun documento

Podemos vincular a un punto determinado dun documento. Para conseguilo debemos identificar un fragmento no interior do documento, isto podémolo facer de dous xeitos:

  • Inserindo un elemento a có atributo name (en lugar de href).
<h1><a name="capitulo1" id="capitulo1">Capítulo 1</a></h1>
  • Engadir o atributo id a calquera elemento HTML.
<h1 id="capitulo1">Capítulo 1</h1>
O valor dos atributos id e name deben ser únicos en todo o documento.

O segundo paso consiste en crear un vínculo ao fragmento utilizando un elemento áncora estándar có seu atributo href.

Para ir ao <a href="#capitulo1">Capítulo 1</a>

Tamén se pode vincular a un fragmento dende outro documento:

Para ir ao <a href="capitulos.html#capitulo1">Capítulo 1</a>

Protocolos alternativos

Para vincular a outras webs emprégase o protocolo HTTP, pero hai outros tipos de transaccións que poden facerse.

Vínculo Mail (mailto:)

Para enviar automaticamente un correo a un destinatario:

Envíalle un mail ao <a href="mailto:admin@iessanclemente.net">admin do San Clemente</a>

Vínculo FTP (ftp://)

Para vincular a un ficheiro que se atopa nun servidor FTP:

<a href="ftp://ftp.iessanclemente.net/ficheiros/apuntes.pdf">ficheiro</a>

O mesmo vínculo pero indicando un nome de usuario e contrasinal:

<a href="ftp://usuario:contrasinal@ftp.iessanclemente.net/ficheiros/apuntes.pdf">ficheiro</a>

Se queremos que se mostre todo o contido dun directorio do servidor web, no canto de baixar un ficheiro en concreto:

<a href="ftp://ftp.iessanclemente.net/ficheiros;type=d">directorio</a>

Vincular documentos con link

link define unha relación entre o propio documento e outro externo. Non é igual a un vínculo de hipertexto porque non se pode acceder a el pulsando ou seleccionándoo de algún xeito. Sempre se sitúa na cabeceira (head) do documento e poden existir varios elementos link nun único documento.

Os atributos máis importantes de link son href, que apunta ao ficheiro vinculado, e rel que describe as relacións entre o documento fonte e o documento destino. Tamén existe outro atributo, rev que describe as relacións inversas (dende o destino á fonte).

A aplicación mais popular do elemento link é para facer referencia a unha folla de estilo externa. Neste caso, o atributo type debe identificar o tipo de contido MIME do documento vinculado externo como unha folla de estilo en cascada:

<head>
  <link href="estilos.css" rel="stylesheet" type="text/css" />
</head>

Outro uso recomendado é para indicar unha versión alternativa do documento noutro idioma. No seguinte exemplo créase un vínculo a unha versión en galego do documento:

<head>
  <link rel="alternate" href="galego.html" type="text/html" hreflang="gl" />
</head>

Empregando os valores next e prev para o atributo rel pódese establecer a posición do documento nunha secuencia de documentos, tal e como se pode ver no seguinte exemplo:

<head>
<title>Capítulo 5: Creación de vínculos</title>
  <link rel="prev" href="capitulo4.html" />
  <link rel="next" href="capitulo6.html" />
</head>

--Vieites e Arribi outubro 2010