Utilidades DNS
Existen varias utilidades para comprobar o funcionamento da resolución de nomes DNS
As máis empregadas son dig, nslookup e host. Estas tres podémolas atopar nos equipos con Linux e Mac, e a nslookup en Windows.
A utilidade dig
A utilidade dig[1] por defecto, resolve RR (rexistros de recursos) de tipo A, AAAA ou CNAME.
dig equipo1.proba.lan
Se queremos indicar outro tipo de rexistro, témolo que indicar a continuación do nome buscado.
dig proba.lan soa
E se queremos empregar outro servidor DNS diferente ao establecido no cliente DNS, indicámolo cun @
dig @192.168.0.20 equipo1.proba.lan
Para a resolución inversa deberemos indicar a opción -x
dig -x 192.168.0.24
dig é a única utilidade que nos indica se o servidor DNS que respondeu é autoridade na zona ou se empregaron reenviadores. No caso de que responda unha autoridade, aparece unha zona chamada AUTHORITY SECTION
A utilidade host
A utilidade host[2] tamén nos permite resolver nomes, e funciona en modo comando. Por defecto resolverá rexistros tipo A, AAAA, CNAME e MX.
host equipo2.proba.lan
Para resolver os outros tipos de rexistro, hai que indicar previamente coa opción -t o tipo de rexistro que queremos buscar. Este tipo pode ser tipo A, AAAA, CNAME, MX, NS, SOA.
host -t ns proba.lan
Para facer resolución inversa, simplemente poñemos o enderezo que queremos resolver sen necesidade de poñer ningunha opción.
host 192.168.0.24
E se queremos empregar outro servidor DNS diferente ao establecido no cliente DNS, indicámolo a continuación do rexistro buscado.
host equipo2.proba.lan 192.168.0.20
A utilidade nslookup
A utilidade nslookup é a única que está dispoñible en sistemas Linux[3] e en sistemas Microsoft Windows[4].
Permite tamén facer consultas en modo interactivo e en modo comando.
En modo comando, por defecto unicamente resolverá rexistros tipo A e CNAME.
nslookup equipo2.proba.lan
Para resolver outros tipos de rexistro debemos empregar a opción -q=tipo sendo tipo A, AAAA, A+AAAA, MX, NS, SOA ou ANY
nslookup -q=SOA proba.lan
En modo interactivo, indicariamos o tipo executando set q=tipo
E se queremos empregar outro servidor DNS diferente ao establecido no cliente DNS, indicámolo a continuación do rexistro buscado.
nslookup equipo2.proba.lan 192.168.0.20
Se o facemos en comando, indicamolo así
server 192.168.0.20
Referencias externas
- Bruno Vila Vilariño (out 2014)