Unidade 3 - Práctica

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta ocasión imos crear unha aplicación coas seguintes características:

Nome do proxecto

  • Nome do proxecto e da activity principal: U3_A_Nome_de_pila

Activity Principal

  • Botón: "DATOS/TELEFONO/BUSCADOR"
    • Se se fai Click lanza unha segunda activity na que poder introducir unha cadea de texto e un teléfono (fai que a caixa de texto do teléfono amose o teclado numérico).
    • Se se fai longClick lánzase un cadro de diálogo onde o usuario pode escoller lanzar o teléfono marcando por defecto o número introducido no paso anterior e realizando a chamada xa de modo automático ou ben lanzar o buscador de google buscando por defecto o texto introducido no paso anterior.
      • Se non introduxo o número de teléfono non se debe continuar e débese sacar un Toast de aviso.
      • Se non introduxo unha cadea de búsqueda buscará por defecto a palabra casa.


  • Botón: "DATOS"
    • Se se fai Click realiza un Toast amosando a cadea e teléfono indicados polo usuario na actividade secundaria.
    • Se se xira o dispositivo en apaisado e se volve premer no botón debe amosar o mesmo resultado que en vertical.
    • Non se poden usar atributos de clase (é necesario gardar o estado da activity)
    • Lembrar os métodos que se executan no ciclo de vida cando se xira o dispositivo.


Activity secundaria

  • EditText Cadea: que pida a cadea de texto que se desexa buscar. Ao premer no botón de ENTER debe saltar ao seguinte campo.
  • EditText Teléfono:. O teclado que debe aparecer é o numérico.
  • Botón: Pechar: realiza o necesario para pasarlle os datos indicados polo usuario á activity chamadora e pecha a activity secundaria.



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).