USB multiarranque
USB multiarranque
Un USB multiarranque é un USB que contén varias imaxes de cds almacenadas e permite escoller cal iniciar segundo sexa necesario.
Existen multitude de aplicacións para crear un USB multiarranque. No seguinte enlace podes atopar varias.
Neste caso imos utilizar YUMI – Multiboot USB Creator (Windows), que permite crear un USB multiarranque con múltiples sistemas operativos, utilidades antivirus, aplicacións para a clonación, ferramentas de diagnóstico, etc.
O aspecto que presenta a interface de Yumi é o seguinte:
Unha vez que teñamos configurado o USB con varias distribucións, probamos a iniciar unha máquina dende o USB. Para escoller o sistema que queiramos iniciar mostrarase unha imaxe similar á seguinte:
Nota: podemos utilizar un disco duro virtual que simule un USB para facer prácticas. Por problemas de arranque con algunhas distribucións, para poder iniciar algún sistema é necesario que o disco duro virtual sexa o primeiro da máquina.