USB

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Denominación: USB (Bus Serie Universal - Universal Serial Bus)

Usb10.gif
  • Nun principio (coa aparición do formato ATX, as placas viñan con dous conectores USB; hoxe en día veñen con "moitos" conectores, traseiros, frontais,...)
  • Recoméndase non empregar cables USB de máis de 5 metros de longo. Así e todo, pódese chegar ata os 25 metros enlazando 5 "cables de extensión activos".
Usb20.gif
  • Os cables teñen 4 Fíos (ata o USB 2.0, logo, a partires do 3.0, pasan a ter 4 + 5 fíos), con respecto aos de 4 fíos:
  • 2 deles para alimentación (un leva +5 V e outro leva terra)
  • 2 deles para datos (Data- e Data+)
  • As velocidades soportadas dependen do estándar:
  • USB 1.0: Half-duplex. De 1,5 Mbps -LowSpeed- para teclado, rato, joystick,... a 12 Mbps (1,5 MB/s) -FullSpeed- para dispositivos máis rápidos
  • USB 2.0: Half-duplex. Cunha velocidade de 480 Mbps (60 MB/s) -HiSpeed- compite có Firewire
  • Voltaxe / Intensidade : 5V / 5 * 100 mA (500 mA)
  • É capaz de ofrecer unha potencia de 2,5W (5V e 500 mA).
  • USB 3.0. Full-duplex. Cunha velocidade de máis de 5 Gbps (625 MB/s) -SuperSpeed-.
Usb-3.gif
- Compatible con 2.0 e 1.0.
- Tecnoloxía SuperSpeed que traerá un aumento da velocidade de transferencia e reducirá o consumo de enerxía. Esta tecnoloxía fai necesario engadir cinco liñas, dúas delas para o envío e outras dúas para a recepción de información, de forma que se permite tráfico bidireccional, en ambos sentidos ao mesmo tempo.
- Voltaxe / Intensidade : 5V / 6 * 150 mA (900 mA)
- É capaz de ofrecer unha potencia de 4,5W (5V e 900 mA).
- Especificacións do estándar USB 3.0 - www.usb.org.
USB-SS.png
USB SuperSpeed Plus
  • USB 3.1: Full-duplex. Cunha velocidade de máis de 10 Gbps (1250 MB/s) -SuperSpeed Plus-.
- Ofrece velocidades de ata 10 Gbps.
- Capaz de proporcionar ata 100 vatios de potencia, é dicir, unha corrente de 20V / 5A.
Todos os estándares USB en USB.ORG.
Na seguinte táboa podemos ver unha comparativa das velocidades:
Denominación Versión USB Velocidade
Low Speed USB 1.0 1.5 Mbps
Full Speed USB 1.1 12 Mbps
Hi-Speed USB 2.0 480 Mbps
SuperSpeed USB 3.0 5 Gbps
SuperSpeed Plus USB 3.1 10 Gbps


  • Ven para solucionar problemas de conexión e similares.
  • Aparece a finais do 2014.
  • Este conector Tipo C é un novo tipo de conector reversible tanto en extremos como en posición.
  • Ademáis de ofrecer a comodidade polo seu deseño reversible, ten unha velocidad de ata 10 Gbps por segundo baseándose na especificación 3.1 de USB.

Aprende.png
Nota:

Aclarar que o USB-C é só a forma do conector, o cable pode ser a versión 2.0. Isto quere dicir que non significa que tendo un conector USB-C teñamos altas velocidades nin xestión de altas cantidades de potencia. Pero si que nos ofrece a posibilidade de ser un conector case universal e isto é debido aos variados protocolos que soporta: HDMI, DisplayPort, VGA, PCIe, Ethernet, etc. Claro está, todo depende do cabre incorporado pero a saída, neste caso o conector Type-C da soporte a protocolos variados (USB-C como porto de son).

  • Outras características moi interesantes dos portos USB son as seguintes:
  • Pódense conectar ata 127 periféricos en cadea empregando Hubs USB
  • Os dispositivos conectados a estes portos son Plug&Play e permiten a súa conexión en "quente" (hot-plug)
  • Neste tipo de portos pódese conectar case calquera dispositivo pero, sobre todo, veremos conectados a el: Impresora, Escáner, Módem, Cámaras, Teclado, Rato,...
  • Tal e como se ve na imaxe da dereita, existen distintos tipos de conectores:
  • Tipo-A: Os das placas base
  • Tipo-B: Os dos periféricos
  • Tipo-A/B: Podemos encontralos tanto nos periféricos como nas placas base
Micro-USB.jpg
Tiposusb.gif
No caso do USB 3.0:
Usb 3 a.jpg
Usb 3 b.jpg
Usb 3 micro.jpg
USB 3.0 Tipo A USB 3.0 Tipo B Micro USB 3.0
Función e cores de cada un dos pines dos estándares:
High-Speed USB 2.0 A SuperSpeed A
Usb3 usb2A pinout.jpg
Usb3 usb3A pinout.jpg
1 VBUS (+5 V) Red
2 D- White
3 D+ Green
4 GND Black
Shell Shield Connector Shell
1 VBUS (+5 V) Red
2 D- White
3 D+ Green
4 GND Black
5 StdA_SSRX- Blue
6 StdA_SSRX+ Yellow
7 GND_DRAIN GROUND
8 StdA_SSTX- Purple
9 StdA_SSTX+ Orange
Shell Shield Connector Shell

-- Volver