Tratamento de variables en JavaScript
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Unha variable é o nome que se lle da a unha posición de memoria do equipo na que se almacena información.
Nomear variables
- O nome das variables en JavaScript debe estar formado por unha ou mais letras, díxitos e guións baixos.
- Non pode comezar por un número.
- JavaScript distingue entre maiúsculas e minúsculas.
Declarar de variables
- Para dicir a JavaScript que un identificador é unha variable, esta débese declarar primeiro.
- Para declarar variables en JavaScript utilízase a palabra reserva var seguida do nome da nova variable.
- Para declarar mais dunha variable na mesma sentencia utilízase a coma como separador.
- A inicialización das variables realízase empregando o operador de asignación (=).
- Pódese inicializar unha variable ao mesmo tempo que se declara ou en calquera outro punto despois no script.
- JavaScript lee o código de arriba cara abaixo realizando en cada paso a instrución lida. Ata que o programa inicializa unha variable esta permanece indefinida (undefined) e de ela non se pode extraer ningunha información.
- Pode declararse tamén unha variable simplemente iniciándoa e sen utilizar a palabra reserva var. É dicir, asignar un valor a unha nova variable sen declarala antes con var, fai que JavaScript a declare automaticamente.
Tipos de variables
En JavaScript existen os seguintes tipos de datos válidos: number, boolean, string, function e object.