Tarxetas de vídeo

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Unha tarxeta gráfica, tarxeta de vídeo, tarxeta aceleradora de gráficos ou adaptador de pantalla, é unha tarxeta de expansión para unha computadora persoal, encargada de procesar os datos provenientes da CPU e transformalos en información comprensible e representable nun dispositivo de saída, como un monitor ou televisor.

Denótase có mesmo termo tanto ás habituais tarxetas dedicadas e separadas como ás GPU integradas na placa base (aínda que estas ofrecen prestaciónes inferiores).

Os tipos existentes de tarxetas gráficas son: MDA, CGA, MCGA, Hercules, EGA, VGA (640x480), SVGA (800x600), XGA (1024x768), SXGA (1280x1024), WXGA (1440 x 900), SXGA (1400x1050), WSXGA (1680 x 1050), HD1080 (1920x1080), WUXGA (1920x1200) e QXGA (2048X1536).

  • Dende o sistema operativo, e despois de instalar o driver correspondente a esa tarxeta gráfica, teremos que configurar:
  • O número de pixels: 800x600, 1.024x768,...
  • O número de cores: 24 bits (ou cor verdadeiro) ou 32 bits.
  • A frecuencia de varrido vertical: >75 Hz.

Cando as tarxetas tiñan pouca memoria RAM (<32MB) existían, moi a miúdo, problemas por elixir unha resolución demasiado alta; esto provocaba que o ordenador mostrase a pantalla totalmente en negro, polo que era preciso arrancalo en modo a proba de faios e cambiar a unha resolución máis baixa.

  • Na actualidade só existen dous fabricantes de procesadores para tarxetas gráficas (GPU), estes son: NVIDIA en ATI (este último adquirido no 2.007 por AMD). Aínda que, tal e como ocorre cós chipset das placas base, existen moitos fabricantes de tarxetas de vídeo que empregan os micros que esas dúas empresas lles proporcionan.


  • A conexión coa placa:
PCI as mais antigas Graficapci.jpg
AGP (x1, x2, x4, x8) Graficaagp.jpg
PCI-Express x1 Graficapciexpressx1.jpg
PCI-Express x16 as mais modernas Graficapciexpress16.jpg

Coa aparición das tarxetas gráficas PCI-Express x16 moitas placas dan a posibilidade de colocar dúas tarxetas gráficas traballando en paralelo:

SLI de NVIDIA Graficasli.jpg
CrossFire de ATI Graficacrossfire.jpg


--- Volver