Técnicas de transformación de documentos
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
O principal obxectivo desta unidade é traballar con ficheiros XML base a partir dos que poderemos obter outros documentos XML que conteñan partes do documento orixinal, novos documentos XHTML, engadirlle ou eliminarlle etiquetas ou atributos no documento final, reorganizar os seus elementos, ordenalos baseándonos nalgún criterio especial, etc.
Para poder facer todo isto empregaremos XPath (para poder acceder e referenciar os elementos do XML) e XSL (Extensible Stylesheet Language) que nos permitirá realizar as transformacións XSLT (XSL Transformations).