Sesións
Se existe unha consulta repetida nas listas de PHP, é a relativa ao uso das sesións.
O uso de sesións é un método amplamente estendido en calquera aplicación de certa entidade. Basicamente unha sesión é a secuencia de páxinas que un usuario visita nun sitio web. Desde que entra no noso sitio, ata que o abandona.
O termo sesión en PHP, session en inglés, aplícase a esta secuencia de navegación, para iso crearemos un identificador único que asignamos a cada unha destas sesións de navegación. A este identificador de sesión denomínaselle, comunmente, como a sesión.
O proceso para a xestión de sesións en calquera linguaxe de programación podería ser algo así:
- Existe unha sesión?
- Se existe retomámola
- Se non existe creamos unha nova
- Xerar un identificador único
E para que non perdamos o fío da navegación do usuario deberemos asociar esta sesión a todas as URL e accións de formulario.
Podemos tamén crear unha cookie que inclúa o identificador de sesión, pero é conveniente recordar que a dispoñibilidade ou non das cookies depende do usuario, e non é conveniente fiarse do que un usuario poida ou non ter habilitado.
O contado ata agora é teoría pura e é aplicable a calquera linguaxe de programación C, Perl, etc.
Os que programamos en PHP4 temos a sorte de que toda a xestión de sesións faina o mesmo PHP.
--Rafael Veiga 11:18 10 feb 2009 (GMT)