Servizos de Virtualización: Obxectivos e escenarios da PARTE VI
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Nesta parte VI do curso comézase co uso do hipervisor Xen. Nesta parte veranse asuntos relacionados con:
- Introdución ao hipervisor Xen e distintas implementacións que fan uso del.
- Instalarase a solución de virtualización XenServer que é versión en código aberto, gratuíta e comercial de Citrix.
- Xestionarase o servidor a través da consola e da interface gráfica XenCenter.
- Instalarase MVs en XenServer, veranse os parámetros da mesma pero non se configurará até pasar á parte V do curso.
- Nesta parte VI preténdese dar un coñecemento mínimo sobre o Hypervisor Xen e as distintas solucións que existen no mercado que fan uso del. Unha vez familiarizados coa instalación de XenServer e varias MVs será nos apartados seguintes cando se afondará máis sobre as características e funcionalidades de XenServer.
- Importante:Nesta parte VI só se vai chegar até instalar as MVs en XenServer e non se vai facer nada máis con elas até pasar á Parte VII.
O escenario básico
- Componse de:
- 1 servidor de Virtualización tipo I: Xenserver ou XCP (Neste ocasión: XenServer)
- RAM: 2/4 GB (Mín).
- Virtualización Hardware: Habilitado.
- 1 equipo desktop con Windows
- Instalado XenCenter para administrar o servidor XenServer / XCP .
- RAM: 1 GB
- 1 servidor de Virtualización tipo I: Xenserver ou XCP (Neste ocasión: XenServer)
Este escenario cubriría perfectamente a parte VI do curso, pero non parte da VII e seguintes. Por tanto prenséntase este segundo escenario que pode cubrir tódalas prácticas do curso.
Escenario completo
- Componse de:
- 1 servidor de Virtualización tipo I: XenServer
- RAM: 2/4 GB (Mín).
- Virtualización Hardware: Habilitado.
- 1 equipo con VirtualBox instalado
- Pode ser Ubuntu ou Windows
- Instalado XenCenter para administrar o servidor XenServer (instalado nunha MV Windows se o host usa Linux).
- RAM: 4 GB (Con 2 GB poderíanse facer algunhas cousas en escenarios futuros, pero non todas)
- MV con XenServer instalada.
- 1 servidor de Virtualización tipo I: XenServer
Este escenario vai permitir acometer a maior parte dos escenarios futuros do curso. Pois tamén se precisa FreeNas nas partes VII e seguintes.